A Xunta e o concello de Toén avalían o proxecto para dotar de saneamento ao núcleo de Fonte Larelle
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Ángeles Vázquez reitera que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á súa veciñanza
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2025
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Toén, Ricardo González, avaliaron hoxe o proxecto municipal para dotar de saneamento ao núcleo de Fonte Larelle.
Durante unha reunión que mantiveron hoxe en Santiago de Compostela, o rexedor trasladou á conselleira a iniciativa do concello, que cun orzamento inicial estimado de 75.000 euros, permitiría dotar deste servizo á veciñanza nesa contorna da parroquia de Santa María de Toén.
Ángeles Vázquez, ademais de comprometerse a que o persoal de Augas de Galicia estudará o proxecto de cara a establecer vías de colaboración para acometelo, subliñou a disposición do órgano de conca a colaborar co concello na mellora das instalacións de saneamento en varios núcleos da localidade.
Nesa liña, a conselleira reiterou que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á súa veciñanza.
De feito, o orzamento de Augas de Galicia sobe este ano 2025 preto dun 5 %, ata os 144 M€, para seguir optimizando o saneamento e o abastecemento coa mellora de infraestruturas, a formación e divulgación e a execución de políticas activas de resposta ao cambio climático.
O obxectivo principal será facer un uso eficiente da auga e reducir a pegada hídrica na comunidade mediante investimentos nas redes de saneamento, depuración e abastecemento así como no apoio aos concellos, o deseño de mapas de riscos climáticos ou a creación de corredores verdes para reducir os asolagamentos.