O conselleiro de Ciencia sitúa os proxectos da empresa Extraco Construcións como exemplo de boas prácticas en innovación e colaboración
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A Xunta achega un investimento de máis de 1M€ para a posta en marcha de tres proxectos coa participación de oito empresas e cinco centros de coñecemento
- O Goberno galego lanzará este ano a nova convocatoria Nexos cun orzamento de 20M€, para chegar a 50 proxectos e 200 beneficiarios e apoiar traballos de I+D+i
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ourense, 6 de febreiro de 2025
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou hoxe a empresa ourensá Extraco Construcións, beneficiaria das liñas de axuda da Xunta en materia de I+D+i para o desenvolvemento de tres proxectos innovadores en colaboración con outras firmas. Acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, o titular de Ciencia puxo de exemplo a esta empresa polo seu compromiso coa innovación e a colaboración con outras empresas e centros de coñecemento. "Esta maneira de traballar, modelo de boas prácticas, é fundamental para sacar adiante proxectos que repercutan nun beneficio pleno da sociedade", sinalou.
Por iso, o representante do Goberno galego animou a Extraco Construcións a optar á nova liña de axudas Nexos que lanzará a Xunta no segundo trimestre deste 2025. A convocatoria estará dotada con máis de 20M€ e prevé chegar a 50 proxectos e 200 beneficiarios co fin de apoiar proxectos de I+D+i. Entre as novidades desta liña de axudas destaca a priorización dun número reducido de ámbitos temáticos e a incorporación de custos simplificados na xustificación das axudas, evolucionando así o programa ConectaPeme que funcionaba anteriormente e que chegou a 433 empresas e a 187 proxectos, que mobilizaron 150M€ e crearon 530 novos postos de traballo.
Entre estes proxectos atópanse tres nos que participou Extraco Construcións, polos que recibiu máis de 267.000 euros: Alfiller con 109.500 euros, Geo4Radón con 88.000 euros e Topacio con 69.500 euros. Estes proxectos, nos que tamén colaboraron outras empresas e cinco centros de coñecemento contaron cun orzamento total de máis de 1M€.
Neste sentido, o conselleiro fixo fincapé na importancia de que as empresas colaboren entre elas e cos centros de investigación para "aproveitar ao máximo as sinerxías" que permitan levar a cabo proxectos de innovación para "xerar valor e riqueza para o conxunto da cidadanía". Román Rodríguez tamén quixo destacar a importancia de estender a I+D+i por todo o territorio: "Traballamos para transformar o tecido empresarial e para impulsar a colaboración público-privada, fundamental para achegar a I+D+i ao ámbito local e rural".
O potencial innovador dos proxectos
Durante a visita, o conselleiro puido coñecer como se desenvolveron os proxectos beneficiarios das liñas de axuda da Xunta. No caso de Alfiller, no que Extraco participou en calidade de líder, traballaron en conxunto as empresas Renga Enerxía de Allariz, Prefhorvisa Outeiro de Arteixo e Galaicontrol de Vigo, obtendo un investimento de máis de 395.000 euros. Para desenvolver este proxecto tamén contaron co apoio e colaboración da Universidade da Coruña. O obxectivo foi poñer en valor o residuo das plantas asfálticas para ver as súas posibilidades en diferentes aplicacións no ámbito da construción. Deste xeito, logrouse unha saída potencial a un problema ambiental pola elevada cantidade de residuo que se xera nunha planta de fabricación de aglomerado asfáltico.
No caso do proxecto Geo4Radón, no que tamén participaron Conexiona Telecom de San Cibrao das Viñas, Renga Enerxía de Allariz, Megodeza de Lalín e Galaicontrol de Vigo, así como a Universidade de Vigo, e obtívose un financiamento de case 400.000 euros para a mellora dos sistemas de climatización xeotérmica e análise da influencia das sondaxes na difusión do gas radón, é dicir, mellorar a eficiencia das instalacións de climatización con bomba de calor xeotérmico. Con esta fórmula, Extraco apostou pola tecnificación como elemento distintivo dentro dun sector tradicionalmente pouco innovador.
Finalmente, co proxecto Topacio, no que participaron San2 Innovación Sostenible de Amoeiro, Conexiona Telecom de San Cibrao das Viñas e Aeromedia UAV de Oleiros, buscábase a prevención de incendios forestais a través de tecnoloxías de optimización da xestión de infraestruturas. Cun investimento de máis de 392.000 euros e coa colaboración da Universidade de Vigo, o Centro de Investigación Forestal de Lourizán e a Axencia Galega de Calidade Alimentaria, quíxose monitorizar e prever o crecemento da vexetación nos marxes das estradas, autoestradas e autovías, alcanzando todos estes obxectivos.