A conselleira María M. Allegue anima aos construtores de Lugo a sumarse ao reto de duplicar o parque público de vivenda de Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Allegue puxo en valor a importancia da colaboración público-privada e trasladou as actuacións da Xunta en materia de vivenda aos construtores de Lugo
- A conselleira destacou a importante aposta do Executivo galego pola vivenda pública en Garabolos, onde están en distintas fase de tramitación ao redor de 300 vivendas públicas
- No marco da Estratexia Galega de Solo Residencial, a conselleira salientou que no ámbito do Sagrado Corazón en Lugo prevense acadar 1.200 vivendas, ao tempo que recordou que tamén se está a dar pulo definitivo á rehabilitación de inmobles no barrio da Tinería

Lugo, 6 de febreiro de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto ao secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, e o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe nun encontro con representantes do sector da construción promovido pola Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APEC) de Lugo. M. Allegue destacou na súa intervención a importancia da colaboración público-privada para responder ás demandas da cidadanía galega en canto a vivenda e animou ao asistentes a sumarse ao reto de duplicar o parque público de vivenda en Galicia, chegando aos 8.000 fogares, obxectivo para o que o Goberno galego triplicou en 2025 o seu orzamento, ata aos 240M€.
Allegue destacou que neste momento xa están en marcha na comunidade máis de 1.700 vivendas de promoción pública en distintas fases de tramitación e execución. Só na zona de Garabolos en Lugo, están en distintas fases de tramitación 300 vivendas. Recordou que a Xunta vén de autorizar unha permuta de parcelas co Concello de Lugo, que permitirá impulsar 116 vivendas protexidas máis na cidade.
Remarcou que a Xunta, ademais de construír novas edificacións, tamén está a impulsar o desenvolvemento de solo no marco da Estratexia Galega de Solo Residencial, co fin de facilitar a construción de 25.000 vivendas máis, 20.000 delas protexidas e 5.000 libres. O ámbito escollido en Lugo, en consenso co Concello, é o do Sagrado Corazón, onde se prevén 1.200.
No que atinxe á rehabilitación, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas puxo en valor as actuacións no marco do Programa Rexurbe nos conxuntos históricos das cidades e vilas, no caso desta provincia, en Lugo, Viveiro, Mondoñedo, Ribadeo e Vilalba. Sinalou o importante pulo ás rehabilitacións de inmobles do barrio da Tinería, no emblemático casco histórico da cidade, co fin de destinalos a alugueiro accesible.
Allegue subliñou a aposta da Xunta en materia de infraestruturas, "melloras que son fundamentais para vertebrar o territorio e que permitir comunicacións rápidas, seguras e sostibles". Destacou que trala posta en servizo do primeiro treito entre A Pobra de San Xiao e Sarria, a Xunta traballa no proxecto de trazado do novo tramo entre Nadela e A Pobra de San Xiao, coa previsión de licitar a obra a finais deste ano, cun investimento de 34,7M€.
Citou outras obras en marcha como a primeira fase de mellora da capacidade e da seguridade da estrada LU-540 entre Viveiro e Cabreiros, á que se destinan 8,2M€, as intervencións en reforzos de firme ou os proxectos do Plan de Sendas, xa na súa segunda fase. No caso da provincia lucense, nesta nova fase prevense itinerarios en Ombreiro Guitiriz, en Parga, en Monforte de Lemos ou Sarria.