A Xunta mellora a cobertura no rural do concello de Lugo coa instalación dunha torre en Gondar
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 5 de febreiro de 2025
A Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), comezou este mércores os traballos para a instalación dunha torre na parroquia de Gondar, en Lugo, coa que se avanza na mellora da cobertura de comunicacións de móbiles no rural do municipio.
O delegado territorial, Javier Arias, visitou hoxe o lugar no que se está a colocar a nova instalación. Trátase dun terreo cedido polo Concello de Lugo no marco do convenio asinado entre Amtega e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a posta en marcha de actuacións encamiñadas a mellorar a telefonía móbil no rural de Galicia.
A Xunta prevé instalar outras dúas torres no municipio de Lugo para, entre as tres, dar servizo aos núcleos de Gondar, Alta, Locai, Marcoi, Riobó, Vilariño, Torible, Bacurín, Carricova, O Burgo, Hospital, San Pedro de Abaixo, San Pedro de Arriba e Cabanas. O custe das tres instalacións rolda os 700.000 euros..
A construción destas torres en núcleos rurais de toda a comunidade forma parte dunha actuación da Xunta complementaria aos compromisos do Estado, que é quen ten as competencias en telecomunicacións.