Arias informa a veciños do Castiñeiro do convenio que materializa a permuta de dúas parcelas do barrio
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 5 de febreiro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse hoxe con representantes do Equipo de traballo do Castiñeiro -a petición do propio colectivo- para informalos do convenio de colaboración que se autorizou no Consello da Xunta do pasado luns e no que se materializa a permuta de dúas parcelas deste barrio.
Arias explicoulles que a Administración autonómica e o Concello de Lugo asinarán este mes o acordo para "materializar por fin" a permuta das dúas parcelas do Castiñeiro nas que se proxectaban 58 vivendas de promoción pública e que finalmente se executarán noutras áreas da cidade. A Xunta cederá á entidade local dous terreos da rúa Ramón Piñeiro e obterá seis noutros puntos de Lugo, nos que "non só se construirán as vivendas que estaban previstas senón que se farán 116", adiantou.
As novas promocións acometeranse en catro solares da rúa Paradai de Arriba, un de Illa Coelleira e outro de Angelo Colocci, que pasarán a ser propiedade do IGVS.
"O Goberno galego está a axilizar os trámites para materializar máis vivenda pública repartida por distintos puntos da cidade", apuntou Arias, quen destacou que xa están en marcha en distintas fases os proxectos para construír 291 vivendas en Garabolos, ademais dos plans para urbanizar solo no Sagrado Corazón, "e estamos mantendo o ritmo de traballo para rehabilitar novos inmobles na Tinería".
O encontro desta mañá enmárcase nas reunións que o delegado territorial veu mantendo nos dous últimos anos cos representantes veciñais do Castiñeiro para ilos informando de primeira man dos avances no procedemento para a permuta das parcelas nas que poder construír as vivendas previstas pola Administración autonómica.