A Xunta construirá unha senda peonil na estrada LU-234 en Ombreiro, en Lugo, que suporá un investimento de 610.500 € e favorecerá os desprazamentos seguros da veciñanza

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • María M. Allegue indicou que se prevé que este proxecto poida comezar a redactarse a mediados deste ano
  • Sinalou que este itinerario disporá dunha lonxitude de algo máis de 1 km e irá dende ponte Ombreiro ata Torre de Riazón
  • Remarcou que o Consello da Xunta autorizou en decembro un investimento de 70M€ para sumar máis de 120 novos quilómetros de sendas, como esta prevista en Ombreiro
  • Lembrou que a 1ª fase do Plan de Sendas xa permitiu habilitar case 300km de itinerarios nas marxes das estradas autonómicas en Galicia
  • Subliñou que as sendas reforzan a seguridade dos usuarios máis vulnerables das vías, que son os peóns e os ciclistas; incentivan os desprazamentos non motorizados, reducindo tráfico e emisións; promoven o exercicio físico; e acadan un valor recreativo e turístico
  • Recordou que o Plan de Sendas de Galicia impulsado pola Xunta foi recoñecido nos Premios europeos á excelencia na seguridade viaria 2024
Imagen del artículo A Xunta construirá unha senda peonil na estrada LU-234 en Ombreiro, en Lugo, que suporá un investimento de 610.500 €  e favorecerá os desprazamentos seguros da veciñanza
Lugo, 11 de xaneiro de 2025

A Xunta construirá unha senda peonil na estrada LU-234 en Ombreiro, no Concello de Lugo, que suporá un investimento de 610.500€ e favorecerá os desprazamentos seguros da veciñanza.

Así o sinalou hoxe a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, que xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, presentou hoxe esta actuación.

A intervención forma parte da 2ª fase do Plan de Sendas de Galicia, que está a impulsar a Xunta, tras autorizar en decembro un investimento de 70M€ para sumar máis de 120 novos quilómetros de itinerarios ata o ano 2027.

A conselleira explicou que a 1ª fase deste plan xa permitiu ter construídos case 300km de itinerarios nas marxes das estradas autonómicas na comunidade e agora estase a traballar nesta segunda fase.

Recordou que o pasado 26 de decembro saíu a licitación a redacción dos proxectos dos primeiros itinerarios desta 2ª fase, entre os que se atopa esta senda prevista en Ombreiro.

Indicou que o prazo de presentación de ofertas remata o 30 deste mesmo mes, polo que a Xunta agarda que este proxecto poida comezar a redactarse a mediados deste ano.

Este itinerario disporá dunha lonxitude de algo máis de 1 km e irá dende ponte Ombreiro ata Torre de Riazón. O obxectivo é facilitar a mobilidade segura e sostible nesta contorna do municipio lucense.

María M. Allegue subliñou a importancia de reforzar a seguridade dos usuarios máis vulnerables das vías, que son os peóns e os ciclistas. Engadiu que as sendas favorecen os desprazamentos a pé dos cidadáns, pero dun xeito máis cómodo, máis seguro e máis saudable.

Remarcou que, ademais da boa acollida destas actuacións por parte dos municipios e dos veciños, ao mellorar a súa calidade de vida, o Plan de Sendas de Galicia impulsado pola Xunta foi recoñecido nos Premios europeos á excelencia na seguridade viaria 2024.

Concluíu que grazas á experiencia que atesoura a Axencia Galega de Infraestruturas na construción destas sendas peonís e ciclistas, a Xunta segue traballando para sumar novos quilómetros, conscientes de que estes itinerarios incentivan os desprazamentos non motorizados, reducindo tráfico e emisións; promoven o exercicio físico; e acadan un valor recreativo e turístico nas contornas nas que se habilitan.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 11/01/2025
862078 {"title":"A Xunta construirá unha senda peonil na estrada LU-234 en Ombreiro, en Lugo, que suporá un investimento de 610.500 € e favorecerá os desprazamentos seguros da veciñanza","published_date":"2025-01-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/147281-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"862078"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-01-11/862078-xunta-construira-unha-senda-peonil-na-estrada-lu-234-ombreiro-lugo-supora-investimento-610-500-e-favorecera-os-desprazamentos-seguros-da-vecinanza https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.