A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética no campo de fútbol 'O Camballón' en Vila de Cruces cunha achega de 48.000€

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

  • A directora xeral de Administración Local visitou as instalacións para coñecer as actuacións executadas no marco das axudas do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local
  • Actuouse no sistema de acumulación de auga quente, na instalación eléctrica e na carpintaría exterior para impulsar o aforro enerxético e o confort das persoas usuarias
  • O apoio do Goberno galego ao concello a través das liñas de axudas ás administracións locais suma case 1,5 millóns de euros nos últimos anos

Vila de Cruces (Pontevedra), 10 de xaneiro de 2025

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou o campo de fútbol O Camballón, en Vila de Cruces, para comprobar as melloras de eficiencia enerxética realizadas co apoio do Goberno galego. As obras contaron cunha achega de 48.000 euros do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local, dotado con 5 millóns de euros e que beneficiou un cento de administracións locais en 2024.

As melloras centráronse no sistema de acumulación de auga quente, coa instalación dunha bomba de aerotermia, no sistema eléctrico e na carpintería exterior, co cambio das portas dos vestiarios.

Segundo sinalou a directora xeral, os obxectivos das obras son favorecer o aforro enerxético e asegurar o máximo confort na práctica da actividade deportiva. Natalia Prieto incidiu na importancia das infraestruturas deportivas municipais no fomento do deporte entre a poboación, polo que neste ano na convocatoria de axudas do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local se lles deu prioridade ás melloras nestas instalacións.

Así, indicou que a través desta medida e das axudas da Secretaría Xeral para o Deporte a Xunta impulsou o pasado ano obras en 400 infraestruturas deportivas de toda Galicia, tanto de titularidade autonómica como municipal, cun investimento de 22 millóns de euros.

Canto ao fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local, a directora xeral lembrou que ten como obxectivo específico atender as necesidades dos concellos de menor poboación, para garantir a mellor calidade na prestación de servizos municipais a toda a poboación galega, con independencia do lugar de residencia. Concretamente esta liña de axudas destinada a melloras enerxéticas en infraestruturas municipais beneficiou en 2024 case un cento de administracións locais, 19 delas na provincia de Pontevedra.

As obras no campo de fútbol do Camballón forman parte do conxunto de actuacións impulsadas polo concello de Vila de Cruces que contaron co apoio da Xunta a través das distintas liñas de axudas ás administracións locais. Neste marco de actuación o Goberno galego investiu nos últimos anos case 1,5 millóns de euros neste municipio, segundo apuntou Natalia Prieto.

Investimento de 32M€ en toda Galicia

No conxunto de Galicia, as distintas medidas de apoio da Xunta aos concellos impulsaron en 2024 preto de 700 proxectos municipais a prol de mellores instalacións e servizos cun orzamento de 32 millóns de euros.

A directora xeral destacou que o compromiso autonómico cos concellos a prol da eficiencia enerxética se reforzou ademais nos anos 2024 e 2025 coa nova orde plurianual destinada a financiar estas melloras nas instalacións municipais. A convocatoria conta cun orzamento superior aos 5,2 millóns de euros cofinanciados con Fondos Feder e beneficiou a medio cento de concellos.

A estas liñas súmanse cada ano o Fondo de Compensación Ambiental, ao que a Xunta destina máis de 11 millóns de euros para apoiar os concellos nas melloras da contorna natural e da eficiencia, e a Orde de infraestruturas de uso público, que conta con 3,5 millóns de euros para a creación ou mellora de instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos  municipais.

Documentos descargables
  • No hay ficheros adjuntos

Histórico de cambios

Artículo publicado
10/01/2025
https://govclipping.com/search "" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. ¡Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Tanto la lista como todos los elementos guardados serán eliminados. ¡Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. ¡Error! Error al eliminar la lista. Vaciar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres vaciar esta lista? Todas las noticias que contiene esta lista serán desmarcadas. ¡Lista vaciada! La lista ha sido vaciada correctamente. ¡Error! Error al vaciar la lista. Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos.
859539 {"title":"A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética no campo de fútbol 'O Camballón' en Vila de Cruces cunha achega de 48.000€","published_date":"2025-01-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/147027-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"859539"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-01-10/859539-xunta-impulsa-mellora-da-eficiencia-enerxetica-campo-futbol-camballon-vila-cruces-cunha-achega-48-000 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.