Un total de 50 centros participan no novo programa teatral contra o acoso escolar
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A iniciativa, que forma parte do Plan Integral contra o Acoso e o Ciberacoso Escolar, chegará a arredor de 3.500 estudantes de Primaria no curso 2024/25
- Baixo o título `Pasando a bóla, xogando para cambiar`, empregarase como unha ferramenta educativa e lúdica para sensibilizar e previr condutas de acoso entre o alumnado

Santiago de Compostela, 6 de xaneiro de 2025
A Xunta de Galicia dá un novo paso na loita contra o acoso e o ciberacoso escolar coa posta en marcha do programa Pasando a bóla, xogando para cambiar, que será implementado en 50 centros educativos públicos durante este curso 2024/25. Esta iniciativa está dirixida ao alumnado de 3º a 6º de Primaria e implicará a participación de arredor de 3.500 estudantes.
O programa consiste nunha representación teatral de 45 minutos, desenvolvida polo grupo A Xanela do Maxín, na que se recrean situacións de acoso e ciberacoso escolar mediante o uso de máscaras, figuras animadas e xogos de rol. Desta maneira, a actividade promove a reflexión activa e o pensamento crítico do alumnado, que colabora despois da representación propoñendo solucións aos conflitos escenificados. Este método busca reforzar valores como a igualdade, a non discriminación e a resolución pacífica dos conflitos, aspectos xa integrados nos currículos educativos e nas políticas de convivencia escolar.
Os 50 centros educativos seleccionados terán a oportunidade de desenvolver esta actividade ao longo do curso 2024/25, coa colaboración do profesorado e dos equipos de orientación. Cada sesión está deseñada para integrar de maneira dinámica ao alumnado, converténdoo en protagonista activo da reflexión e a busca de solucións ante situacións de acoso.
Tolerancia cero fronte ao acoso
A iniciativa insírese no marco do Plan Integral contra o Acoso e o Ciberacoso Escolar, desenvolvido pola Xunta de Galicia como parte da Estratexia galega de convivencia escolar Educonvives 2025, que ten como obxectivo fortalecer a cultura do respecto, da tolerancia e da convivencia nos centros educativos.
O programa Pasando a bóla, xogando para cambiar, organizado por primeira vez desde a Consellería de Educación, representa un compromiso da Xunta de Galicia coa tolerancia cero fronte ao acoso escolar, empregando ferramentas innovadoras que combinan o enfoque lúdico coa educación en valores.
O listado dos centros participantes é o seguinte:
Centro | Concello |
A CORUÑA |
CEIP Plurilingüe Concepción Arenal | A Coruña |
CEIP Plurilingüe Alborada | A Coruña |
CEIP Plurilingüe Labaca | A Coruña |
CEIP Ponte dos Brozos | Arteixo |
CEIP Santa Baia | Boiro |
CEIP Plurilingüe A Cristina | Carballo |
CEIP Plurilingüe de Centieiras | Fene |
CEIP Milladoiro | Malpica |
CEIP de Melide Nº1 | Melide |
CPI Plurilingüe Virxe da Cela | Monfero |
CEIP Plurilingüe Unión Mugardesa | Mugardos |
CEIP Couceiro Freijomil | Pontedeume |
CEIP Santa Irene | Porto do Son |
CEIP de Frións | Ribeira |
CEP Plurilingüe de Carreira | Ribeira |
CEIP Sada y sus Contornos | Sada |
LUGO |
CEIP Plurilingüe Santa María | A Fonsagrada |
CEIP San Miguel de Reinante Barreiros | Barreiros |
CEIP de Cervo | Cervo |
CPI Plurilingüe Dr. López Suárez | Friol |
CEIP Plurilingüe de Nadela | Lugo |
CPI Plurilingüe Dr. López Suárez | O Saviñao |
CEIP Plurilingüe Virxe da Luz | Portomarín |
CEIP Otero Pedrayo | Rábade |
CEIP Plurilingüe de Covas | Viveiro |
OURENSE |
CEIP Plurilingüe de Oímbra | Oímbra |
CEIP Virxe de Covadonga | Ourense |
CEIP O Couto | Ourense |
CPI Virxe da Saleta | San Cristovo de Cea |
CEIP Rosalía de Castro | Xinzo de Limia |
CEIP Padre Crespo | Xunqueira de Ambía |
PONTEVEDRA |
CEIP Plurilingüe da Torre-Cela | Bueu |
CEIP San Tomé | Cambados |
CEIP de Atín-Cela | Mos |
CEIP Mestre Valverde Mayo | Mos |
CEIP San Martiño | Pontevedra |
CEIP A Xunqueira Nº 2 | Pontevedra |
CEIP Plurilingüe de Laredo | Redondela |
CEIP Plurilingüe Quintela | Redondela |
CPI Julia Becerra Malvar | Ribadumia |
CEIP Plurilingüe de Leirado | Salvaterra de Miño |
CEIP Plurilingüe Nantes | Sanxenxo |
CEIP Plurilingüe Nº 1 | Tui |
CEIP Plurilingüe de Guillarei | Tui |
CEIP Plurilingüe de Caldelas | Tui |
CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo | Valga |
CEIP de Coutada-Beade | Vigo |
CEIP Vicente Risco | Vigo |
CEP Celso Emilio Ferreiro | Vigo |
CPI do Toural | Vilaboa |