A Xunta impulsa en Madrid a divulgación da técnica tradicional da pasamanería aplicada á moda

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

  • A Fundación Artesanía de Galicia patrocinou un ciclo de catro obradoiros impartidos por profesionais de Artesanía de Galicia especializados en artesanía téxtil, en colaboración coa marca de roupa artesanal Carmen 17
  • A iniciativa —que tratou o bordado e a estampaxe sobre téxtil— pechouse en decembro con dous cursos de bordado ao aire impartidos pola artesá Zeltia ao Aire

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2025

A Fundación Artesanía de Galicia patrocinou en Madrid, entre os meses de setembro e decembro, un ciclo de obradoiros de divulgación de oficios téxtiles impartidos por profesionais de Artesanía de Galicia en colaboración coa marca de roupa artesanal Carmen 17. A iniciativa vén de pecharse con dous cursos sobre a técnica tradicional da pasamanería impartidos por Zeltia Rodríguez Sedes, titular do obradoiro Zeltia ao aire.

Na quenda de mañá, o curso estivo dedicado á aplicación do bordado ao aire para elaborar xoiería téxtil con cristal checo, mentres na de tarde falouse sobre a pasamanería tradicional do traxe tradicional galego. Cómpre sinalar que Zeltia ao aire é unha marca de complementos que busca recuperar a técnica tradicional do bordado ao aire, descontextualizalo e desvinculalo do noso folclore para convertela en protagonista de xoias e aderezos únicos e actuais.

No marco desta iniciativa, realizáronse dous cursos de reparación de prendas de roupa a través do bordado, que estiveron impartidos por Io Morales, de Io Obradoiro Téxtil, no mes de setembro; dous cursos de bordado tridimensional, a cargo de Minia Banet, de Studio Variopinto, en outubro; e un curso de estampaxe e outro de Furoshiki, impartidos por Xiana Cobo, no mes de novembro.

A través deste tipo de actividades, preténdese dar a coñecer técnicas e oficios relacionados coa artesanía téxtil, achegar a sociedade aos valores do produto feito á man e visibilizar a marca Artesanía de Galicia.

Carmen 17

Carmen17 é un taller que compaxina o deseño de vestiario para artes escénicas coa súa marca de roupa artesanal, fundado en Madrid por Sofía Nieto, licenciada en Escenografía na RESAD, e Arancha Rodrigálvarez, licenciada en Matemáticas e Moda en Central Saint Martins. É tamén un proxecto cultural arredor do téxtil no que se reivindica o papel das mulleres costureiras, do grande patrimonio cultural que supoñen os labores e o valor simbólico que posúe este oficio, que é unha linguaxe e que xera arte. 

Finalistas dos Premios Nacionais de Artesanía 2022 e 2023, unha das súas liñas de deseño baséase na investigación etnográfica. Baixo o paraugas Jacaranda desenvolven as mans, a memoria e as identidades culturais diversas.

Documentos descargables
  • No hay ficheros adjuntos

Histórico de cambios

Artículo publicado
02/01/2025
https://govclipping.com/search "" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. ¡Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Tanto la lista como todos los elementos guardados serán eliminados. ¡Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. ¡Error! Error al eliminar la lista. Vaciar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres vaciar esta lista? Todas las noticias que contiene esta lista serán desmarcadas. ¡Lista vaciada! La lista ha sido vaciada correctamente. ¡Error! Error al vaciar la lista. Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos.
851973 {"title":"A Xunta impulsa en Madrid a divulgación da técnica tradicional da pasamanería aplicada á moda","published_date":"2025-01-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/145605-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"851973"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-01-02/851973-xunta-impulsa-madrid-divulgacion-da-tecnica-tradicional-da-pasamaneria-aplicada-moda https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.