A Xunta destina 2M€ ás bolsas de mobilidade para universitarios galegos en calquera lugar do mundo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

  • O DOG convoca hoxe as axudas complementarias para o alumnado do programa Erasmus+, que aumentan un 5% e que poden solicitarse ata o 3 de febreiro
  • O Goberno galego apoia tamén a mobilidade do estudantes en países extracomunitarios con outra convocatoria
  • O pasado curso, máis de 1.000 universitarios beneficiáronse destas bolsas

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2025

A Xunta de Galicia destina case 2M€ en bolsas para universitarios galegos que participan este curso en programas de mobilidade en calquera lugar do mundo. Con esta finalidade, o Goberno autonómico establece dúas liñas de axudas: unha dirixida a estudantes do programa Erasmus+ que abrangue o territorio da Unión Europea e outra para aqueles que optan por destinos extracomunitarios. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP publica precisamente hoxe a primeira delas no Diario Oficial de Galicia (DOG).

O pasado curso, máis de 1.000 alumnos galegos puideron beneficiarse destas axudas, unha experiencia que supón unha oportunidade para o seu enriquecemento académico. En concreto, un total de 1.050 de estudantes foron beneficiarios das bolsas do programa Erasmus+ e outros 78 recibiron axuda para viaxar a unha universidade fóra da UE.

Coa convocatoria publicada hoxe, o Goberno galego achega unha contía complementaria ao alumnado que participa este curso no programa comunitario Erasmus+. En total, o investimento supera os 1,6 millóns de euros, un 5% máis ca no ano anterior.

Os estudantes podeN solicitar a bolsa ata o 3 de febreiro a través da sede electrónica da Xunta. Para facelo, deben estar matriculados no curso 2024/25 en calquera grao das universidades públicas de Galicia e ser beneficiario da axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación. Non poderán optar á axuda os que xa gozaran dela en convocatorias anteriores ou os estudantes sen nacionalidade española que realicen esta estadía nos seus países de orixe.

As bolsas funcionan como complemento ás achegadas pola UE para os estudantes que participan neste programa de estadías de entre dous e nove meses. O importe da axuda varía en función do país de destino. Deste xeito, é de 195 euros/mes para os países de destino do grupo 1 (Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Islandia, Italia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos e Suecia), de 165 euros/mes para os do grupo 2 (Chequia, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Grecia, Letonia, Malta e Portugal) e de 125 euros/mes para os do grupo 3 (Bulgaria, Croacia, Lituania, Hungría, Polonia, Romanía, Serbia, Macedonia e Turquía).

Ademais, no caso de existir remanente de crédito, adxudicarase unha contía uniforme de 500€ entre as persoas solicitantes que realicen unha estadía igual ou superior a 6 meses, comezando polos expedientes con maior nota media ata esgotar o orzamento.

Fóra da Unión Europea

Coa segunda das liñas de axuda, a Xunta apoia a mobilidade dos estudantes galegos en país que non pertencen á Unión Europea. Para eles, a Consellería de Educación destina 284.000€. O importe para cada estudante varía en función do país de destino: 1.700€ para intercambios en Europa e 2.500€ para o resto do mundo. Esta convocatoria pechou xa o período de solicitude e atópase nestes momentos en fase de resolución.

Documentos descargables
  • No hay ficheros adjuntos

Histórico de cambios

Artículo publicado
02/01/2025
https://govclipping.com/search "" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. ¡Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Tanto la lista como todos los elementos guardados serán eliminados. ¡Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. ¡Error! Error al eliminar la lista. Vaciar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres vaciar esta lista? Todas las noticias que contiene esta lista serán desmarcadas. ¡Lista vaciada! La lista ha sido vaciada correctamente. ¡Error! Error al vaciar la lista. Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos.
851967 {"title":"A Xunta destina 2M€ ás bolsas de mobilidade para universitarios galegos en calquera lugar do mundo","published_date":"2025-01-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/145279-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"851967"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-01-02/851967-xunta-destina-2m-as-bolsas-mobilidade-universitarios-galegos-calquera-lugar-do-mundo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.