A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue convida á cidadanía a doar sangue nos primeiros días de 2025
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
- Hai reservas baixas dos grupos A positivo, A negativo e 0 negativo
- ADOS lembra que son precisas entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias para abastecer os hospitais galegos
Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2025
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) lembra a necesidade de doar sangue sempre nas xornadas inmediatamente anteriores ou posteriores aos días festivos, como sucede no mes de xaneiro coas datas de Nadal.
As reservas dos grupos A positivo, A negativo e 0 negativo están en niveis baixos.
Neste sentido, ADOS recorda que, todos os días do ano, se necesitan entre 400 e 500 doazóns de sangue para cubrir axeitadamente as necesidades de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios.
As unidades móbiles da ADOS efectuarán os seguintes desprazamentos ata o día de Reis:
Data | Concellos |
Xoves 2 de xaneiro | As Pontes, Carballo, barrio de Monelos (A Coruña), Arzúa, Boimorto, Caldas de Reis, Cangas, Bouzas (Vigo), Cospeito, barrio da Piringalla (Lugo) e Verín |
Venres 3 de xaneiro | As Pontes, Carballo, Obelisco (A Coruña), Ribeira, Frades, Pontecarreira (Frades), Lalín, A Guarda, Cangas, Burela, Padrenda e Verín |
Sábado 4 de xaneiro | Carballo, Ribeira, Lalín e A Guarda |
Os desprazamentos previstos despois de Reis das unidades móbiles da ADOS son:
Data | Concellos |
Martes 7 de xaneiro | O Inferniño (Ferrol), Catro Camiños (A Coruña), O Burgo (Culleredo), Santa Comba, Aguiño (Ribeira), Bueu, Salceda de Caselas, O Calvario (Vigo), A Pastoriza, Mondoñedo e A Valenzá (Barbadás) |
Mércores 8 de xaneiro | A Gándara (Narón), Novo Mesoiro (A Coruña), Ponteceso, Praza Roxa (Santiago), Milladoiro (Ames), Ferraría (Pontevedra), Baiona, Goián (Tomiño), Praza Maior (Lugo), Toyota Ourense e Maceda |
Xoves 9 de xaneiro | Betanzos, A Gaiteira/Os Castros (A Coruña), Corcubión, Polígono do Tambre (Santiago), IES Leliadoura (Ribeira), A Illa de Arousa, barrio residencial de Navia (Vigo), Coia (Vigo, Viveiro, Laza e Cortegada |
Venres 10 de xaneiro | Betanzos, Arteixo, Obelisco (A Coruña), Noia, Área Central (Santiago), Marín, Redondela, Travesía de Vigo, Chantada e Xinzo de Limia |
Sábado 11 de xaneiro | Arteixo, Noia, Marín e Redondela |
- Etiquetas:
- C. de Sanidade
Documentos descargables
- No hay ficheros adjuntos