A Xunta prevé o pago de máis de 15 M€ aos colexios de avogados e procuradores pola quenda de oficio ata setembro deste ano

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

  • O Diario Oficial de Galicia publica as ordes para o cuarto trimestre de 2024 e os tres primeiros de 2025 para compensar a estes profesionais polo servizo da asistencia xurídica gratuíta
  • Estes acordos están vixentes ata este ano e a Xunta xa está a traballar cos colexios na seguinte renovación
  • Aboaranse novos conceptos conforme o acordo entre o Goberno galego e o Consello da Avogacía Galega asinado en novembro con efectos retroactivos

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2025

O Diario Oficial de Galicia publicou o martes 31 de decembro as contías fixadas para o cuarto trimestre de 2024 e os tres primeiros trimestres de 2025 para compensar os colexios da avogacía e da procuradoría de Galicia polas actuacións dos seus colexiados na quenda de oficio. A cantidade que se prevé pagar neste período é de máis de 15 millóns de euros, dos que máis de 14 millóns corresponden aos colexios da avogacía e máis de 1 millón ao da procuradoría, o cal implica un incremento superior ao 8,6% con respecto a 2024.

O investimento da Xunta neste servizo de asistencia xurídica gratuíta supera os 188 millóns de euros desde 2009: case 173 millóns no caso do pago aos profesionais da avogacía e os 15 millóns restantes para os da procuradoría. Neste período a porcentaxe de aumento de gasto anual foi dun 28,5%, cunha media de case 13 millóns de euros nos últimos dous anos. O importe xa aboado con cargo os orzamentos de 2024 ascendeu a 12,7 millóns de euros no cuarto trimestre de 2023 e os primeiros trimestres do pasado exercicio.

Cómpre lembrar que o Goberno galego acordou en 2021 con ambos os colectivos profesionais a renovación dos acordos acadados en 2017 para establecer o baremo e as bases de compensación económica de asistencia xurídica gratuíta destes profesionais e que supón un aumento de media de máis dun 15% ata 2025.

Nos primeiros postos en compensacións

Os baremos actualmente vixentes situaron Galicia entre os primeiros postos de España no referente ás compensacións aos profesionais da quenda de oficio. De feito, a suba media do 15% é bastante maior nos procesos de medidas en materia de familia, nos casos de protección de violencia de xénero, menores vítimas de delitos ou nos procedementos de apoio a persoas con discapacidade.

A Administración autonómica vén introducindo nos últimos anos melloras na xestión deste servizo, que considera fundamental para garantir a igualdade de condicións de toda a cidadanía no acceso á Xustiza. Grazas ás medidas que se foron tomando, Galicia é unha comunidade que paga pronto e puntualmente as certificacións remitidas polos colexios profesionais de avogados e procuradores.

Ademais, a Xunta segue traballando cos colexios profesionais para seguir actualizando as cantidades que perciben os profesionais da avogacía pola asistencia xurídica gratuíta e renovar o acordo actual.

Os avogados de oficio solicitan na folga actual ao Goberno central a reforma da Lei de Asistencia Xurídica para incluír o pago de conceptos que non contempla a norma. Galicia xa se anticipou á reforma e realiza as retribucións mediante convenio pese a non ser a súa competencia, sen prexuízo de que na negociación actual se estean a abordar novos conceptos.

Documentos descargables
  • No hay ficheros adjuntos

Histórico de cambios

Artículo publicado
02/01/2025
https://govclipping.com/search "" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. ¡Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Tanto la lista como todos los elementos guardados serán eliminados. ¡Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. ¡Error! Error al eliminar la lista. Vaciar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres vaciar esta lista? Todas las noticias que contiene esta lista serán desmarcadas. ¡Lista vaciada! La lista ha sido vaciada correctamente. ¡Error! Error al vaciar la lista. Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos.
851963 {"title":"A Xunta prevé o pago de máis de 15 M€ aos colexios de avogados e procuradores pola quenda de oficio ata setembro deste ano","published_date":"2025-01-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/138323-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"851963"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-01-02/851963-xunta-preve-pago-mais-15-m-aos-colexios-avogados-e-procuradores-pola-quenda-oficio-ata-setembro-deste-ano https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.