A Oficina Económica de Galicia recibe máis de 1.700 consultas ao mes desde a súa apertura en abril

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

  • O servizo atendeu 13.731 consultas de empresas, persoas autónomas ou emprendedoras nos seus primeiros oito meses en funcionamento, das que máis do 80 % foron resoltas no momento
  • O equipo formado por máis de 100 profesionais de diferentes sectores tamén prestou asesoramento a 204 proxectos de especial relevancia para o territorio galego e mantivo 583 reunións presenciais
  • Neste ano 2025, a Xunta abrirá unha nova sede da Oficina Económica de Galicia na Casa de Galicia en Madrid para reforzar a dinamización empresarial e a captación de investimentos

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2025

A nova Oficina Económica de Galicia, impulsada pola Consellería de Economía e Industria, xa funciona a pleno rendemento recibindo unha media de máis de 1.700 consultas ao mes. Desde a súa posta en marcha no mes de abril, o servizo vén asesorando, apoiando e acompañando a empresas, persoas autónomas ou emprendedoras para que implanten e desenvolvan os seus proxectos empresariais en Galicia.

A área dependente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), dirixida por Natalia Barros e formada por máis de 100 profesionais de diferentes sectores, funciona como unha canle única entre empresas e Administración que ofrece información e atención individualizada, personalizada e especializada. Tan só nos seus oito primeiros meses de actividade, a Oficina xa recibiu un total de 13.731 consultas, das que o 82 % foron resoltas no momento, e prestou asesoramento a 204 proxectos de especial relevancia para o territorio galego.

Durante o mes de decembro, o servizo continuou a súa actividade crecente: aumentou nun 11,61 % o número de consultas atendidas e elevou ata 583 as reunións presenciais. Con este labor de asesoramento e apoio, a Oficina Económica de Galicia facilita a xestión dos proxectos empresariais para que as tramitacións sexan máis rápidas e, en definitiva, máis sinxelas.

Por sectores, as principais consultas proveñen de ámbitos coma o enerxético, a automoción, a economía circular, o sector mar-industria, o turismo, as TIC, a loxística, o contract ou a construción. Ademais, a Oficina realiza labores de coordinación con outros axentes e entidades externas, tanto de forma directa como a través de ICEX/Invest in Spain, á hora de detectar obstáculos administrativos e identificar novas oportunidades de investimento.

Estas medidas, entre outras, enmárcanse no proceso de desburocratización que impulsa a Xunta para continuar simplificando os trámites ao tecido produtivo e ofrecendo unha resposta áxil, rápida e útil. E, deste xeito, posicionar Galicia como un polo de atracción empresarial na Península e nunha Comunidade atractiva tanto para as empresas que xa están instaladas no territorio como para os novos investimentos.

Tras a apertura en setembro dunha sede física da Oficina Económica de Galicia en Santiago de Compostela, o servizo ofrece múltiples vías para facilitar a mellor atención posible adaptada a cada caso. Por iso, empresas, autónomos ou emprendedores poden recibir atención tanto de forma presencial no Complexo administrativo de San Lázaro, sede do Igape, en Santiago de Compostela, como por vía telefónica no número 900 815 151 e online a través de oficinaeconomicagalicia.xunta.gal.

Neste ano 2025, a Xunta abrirá unha nova sede da Oficina Económica de Galicia na Casa de Galicia en Madrid. Segundo explicou a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, o Goberno galego dá un paso máis abrindo a primeira oficina fóra de Galicia para reforzar a dinamización empresarial e a captación de investimentos e, así, continuar simplificando o camiño ás empresas que queiran implantarse na Comunidade.

Documentos descargables
  • No hay ficheros adjuntos

Histórico de cambios

Artículo publicado
02/01/2025
https://govclipping.com/search "" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. ¡Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Tanto la lista como todos los elementos guardados serán eliminados. ¡Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. ¡Error! Error al eliminar la lista. Vaciar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres vaciar esta lista? Todas las noticias que contiene esta lista serán desmarcadas. ¡Lista vaciada! La lista ha sido vaciada correctamente. ¡Error! Error al vaciar la lista. Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos.
851950 {"title":"A Oficina Económica de Galicia recibe máis de 1.700 consultas ao mes desde a súa apertura en abril","published_date":"2025-01-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/144734-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"851950"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-01-02/851950-oficina-economica-galicia-recibe-mais-1-700-consultas-ao-mes-sua-apertura-abril https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.