O delegado territorial da Xunta reúnese co presidente da Federación Galega de Hóckey
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ourense, 2 de xaneiro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá na Delegación Territorial co presidente da Federación Galega de Hóckey, Roberto Barata. O presidente transmitiulle o seu agradecemento polo apoio constante brindado pola Xunta ao deporte do hóckey na provincia ourensá.
Pola súa banda, Manuel Pardo animoulle a continuar o gran traballo dos últimos anos, para seguir coa promoción e crecemento do hóckey galego.
- Etiquetas:
- C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Documentos descargables
- No hay ficheros adjuntos