Arias aborda coa asociación veciñal de Paradai proxectos de interese para o barrio
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Lugo, 23 de decembro de 2024
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, mantivo unha xuntanza co presidente da Asociación de veciños de Paradai, Christian Fernández, para analizar distintos proxectos de interese para o barrio impulsados pola Xunta.
Arias analizou co representante veciñal iniciativas autonómicas que terán repercusión na zona, como a planificación de novas vivendas de promoción pública no barrio ou a construción da futura estación intermodal, na que o Goberno galego asume a construción da estación de autobuses e dun aparcamento subterráneo con 240 prazas. "Esta infraestrutura, cuxa construción xa está en marcha, suporá unha remodelación e un revulsivo para toda a contorna", subliñou.
Na xuntanza tamén se abordaron os trámites encamiñados a acometer a reforma da rúa Serra de Meira -no tramo entre a rotonda de Paradai e a avenida Adolfo Suárez- e, nese sentido, o delegado explicou que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas está a preparar o expediente administrativo para contratar a actualización do proxecto, pendente de que o Concello de Lugo confirme a compatibilidade do Plan Xeral de Ordenación Urbana trala actuación levada a cabo pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil na zona. Lembrou ademais que os orzamentos do vindeiro ano reservan 500.000 euros para executar a obra.
O delegado territorial e o representante do colectivo veciñal acordaron convocar para o mes de xaneiro unha reunión cos veciños e veciñas de Paradai co obxectivo de informalos de primeira man sobre estes proxectos previstos para o barrio.