As unidades móbiles de resonancia magnética do Servizo Galego de Saúde, referencia para a comunidade radiolóxica internacional

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Máis de 45.000 especialistas coñecen as vantaxes asistenciais e de sustentabilidade das unidades móbiles de diagnóstico por imaxe do Servizo Galego de Saúde
  • Estas unidades móbiles prestan servizos nos hospitais comarcais e son un servizo único no sistema público de saúde en España
  • Levan realizadas máis de 200.000 probas nos sete hospitais comarcais
Imagen del artículo As unidades móbiles de resonancia magnética do Servizo Galego de Saúde, referencia para a comunidade radiolóxica internacional

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2024 As unidades móbiles de resonancia magnética do Servizo Galego de Saúde espertaron o interese da comunidade médico-científica internacional, en Chicago, no Congreso da Sociedade Norteamericana de Radioloxía, o evento máis importante deste ámbito a nivel mundial.

A xefa de servizo de Diagnóstico por Imaxe de Galaria, empresa pública de servizos sanitarios, a doutora Mercedes Arias, foi a encargada de expoñer as vantaxes deste modelo, pioneiro e único na actualidade no sistema público de saúde de España. A doutora Arias destacou que as unidades móbiles, que lle dan servizo aos hospitais comarcais de toda Galicia, "garanten a plena equidade e accesibilidade a todos os pacientes".

Galaria, que leva participando case de maneira ininterrompida desde hai 30 anos nesta cita de referencia que reúne a máis de 52.000 profesionais de todo o mundo, subliñou a exportabilidade do modelo galego da unidade móbil de resonancia magnética.

Máis de 45.000 especialistas participantes no encontro foron testemuñas dos logros do funcionamento das resonancias móbiles de Galicia.

De maneira pioneira, o Servizo Galego de Saúde facilita o acceso a estas probas aos pacientes que viven lonxe dos grandes centros hospitalarios.

Destaca, ademais, o compromiso medioambiental do servizo coa redución da emisión de  CO₂, preto de 5.000 toneladas durante 18 anos, ao evitar os desprazamentos de ida e volta dos pacientes aos seus hospitais de referencia, máis de 32 millóns de quilómetros. Así mesmo, o servizo reduce de maneira moi significativa a posibilidade de sufrir un sinistro de tráfico ou a perda de horas de traballo.

Modelo único na sanidade pública, accesible e sustentable

Desde o ano 2006, o Servizo Galego de Saúde conta cun servizo de tele-radioloxía grazas á unidade móbil de diagnóstico por imaxe, un modelo de atención sanitaria único no sistema público español. A presenza destas unidades móbiles nos centros comarcais, que levan realizadas máis de 200.000 probas, evita desprazamentos innecesarios.

Durante os últimos dous anos, o Servizo Galego de Saúde renovou os equipos das unidades móbiles, incorporando avances que permiten obter imaxes de maior calidade cun tempo menor e pasando dun habitáculo de 60 a 70 cm de diámetro, mellorando así o confort dos pacientes. Esta renovación ofrécelle unha tecnoloxía aos pacientes dos hospitais comarcais nas mesmas condicións que usuarios que teñen como centro de referencia hospitais máis grandes.

Tecnoloxía responsable co medio

Pola súa parte, a xefa do servizo de consultoría de Galaria, Cristina Enjamio, subliñou neste foro internacional a importancia da sustentabilidade tecnolóxica da xestión sanitaria. Así, asegurou que "a modernización da tecnoloxía de diagnóstico por imaxe nos sistemas sanitarios debe incluír criterios de sustentabilidade, tendo en conta o impacto ambiental e os custos ao longo do ciclo de vida dos equipos, non só do investimento".

A publicación defendida no encontro aborda a clave de integrar a sustentabilidade na planificación e adquisición de tecnoloxía, garantindo o seu cumprimento e promovendo un financiamento responsable. Este enfoque estratéxico busca mellorar a eficiencia e reducir o impacto ambiental nos servizos sanitarios e, en particular, no ámbito do diagnóstico por imaxe.

Efectividade da resonancia magnética no cancro de endometrio

O congreso de Chicago tamén contou coa presentación do traballo do doutor Alfonso Iglesias, da unidade diagnóstico por imaxe de Galaria, que describe os cambios incorporados na nova clasificación da Federación Internacional de Xinecoloxía e Obstetricia en imaxes de resonancia magnética, e nel inclúense múltiples recomendacións de utilidade para estadificar correctamente o tumor con resonancia magnética. Con isto conséguese unha maior exactitude na planificación precirúrxica, o cal posibilita o tratamento máis adecuado para cada paciente.

A correcta estadiaxe do tumor con resonancia magnética permite definir con claridade o seu tamaño, localización, extensión local a distancia (metástase), asegurando unha óptima estratexia terapéutica.

En España, o cancro de endometrio é a cuarta neoplasia máis frecuente en mulleres, cunha mortalidade de 2.2 casos/100.000 mulleres ao ano. A media de idade do diagnóstico é de 63 anos, pero máis do 90 % dos casos diagnostícanse en mulleres menores de 50 anos.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 21/12/2024
761273 {"title":"As unidades móbiles de resonancia magnética do Servizo Galego de Saúde, referencia para a comunidade radiolóxica internacional","published_date":"2024-12-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"761273"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-12-21/761273-as-unidades-mobiles-resonancia-magnetica-do-servizo-galego-saude-referencia-comunidade-radioloxica-internacional https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.