A Xunta anima ao sector gandeiro a solicitar xa as axudas para a adquisición de cans, pastores eléctricos e valados móbiles para previr os ataques do lobo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Ángeles Vázquez lembra que esta semana se abriu a convocatoria para 2025 dunha liña de achegas para implantar medidas preventivas tamén fronte ao oso e o xabaril, cun orzamento global de 1,54 M€
  • En vindeiras semanas poderanse solicitar incentivos para financiar a instalación de valados fixos e a contratación de persoas coidadoras do gando
  • En 2025 o Goberno galego destinará 3,05 M€ a paliar os danos da fauna silvestre
  • A conselleira reitera a necesidade de que o Goberno central rectifique a súa decisión de incluír o lobo na Listaxe de especies silvestres de réxime de protección especial

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Maceda (Ourense), 13 de decembro de 2024

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, animou hoxe ao sector gandeiro a solicitar xa as axudas para a adquisición e mantemento de cans protectores do gando, pastores eléctricos e valados móbiles de malla electrificada para previr os ataques do lobo.

Durante a súa visita a unha explotación gandeira na localidade ourensá de Maceda, Ángeles Vázquez lembrou que esta mesma semana se abriu a convocatoria dunha liña de axudas para implantar medidas preventivas fronte a fauna silvestre, cun orzamento de 1,54 millóns de euros e que inclúe tamén investimentos fronte ao oso ou o xabaril.

Logo de lembrar que os interesados teñen un mes de prazo para solicitar estes apoios, a conselleira detallou as contías máximas ás que poden optar. Así, no caso do lobo, poderán ser de ata 300 euros por can defensor e protector do gando e 200 euros por exemplar para a súa manutención (cun máximo de 3 cans); ata 3 pastores eléctricos, cun límite de 600 euros por explotación, e ata 8 mallas electrificadas e 800 euros.

Cómpre lembrar que, no caso das medidas de prevención por ataques de lobo, estas axudas van dirixidas a propietarios de gando vacún, ovino, cabrún, equino e porcino inscritos no Rexistro de explotacións gandeiras (REGA).

A maiores, Ángeles Vázquez avanzou que nos vindeiros días, logo das correspondentes publicacións no Diario Oficial de Galicia, se abrirá o prazo para solicitar outras dúas liñas de incentivos para medidas preventivas. Serán as destinadas a financiar a instalación de valados fixos e a contratación de persoas coidadoras do gando, cuxo importe ascende a preto de 1 millón de euros, polo que en 2025 o Goberno galego destinará un total de 2,52 millóns de euros a apoiar ao sector agrogandeiro para implantar medidas de prevención antes os ataques de lobo, oso e xabaril.

Deste xeito, tal e como incidiu a conselleira, a Xunta mantén o seu compromiso de apoiar ao sector gandeiro ante os ataques que sofre por parte da fauna silvestre porque, ademais das axudas para prevención, tamén reserva 3,05 millóns de euros para paliar os danos causados por estas especies. Máis polo miúdo, no caso do lobo destinaranse 910.000 euros; para indemnizar as perdas ocasionadas polo xabaril haberá 2,02 millóns de euros, e para os danos do oso, outros 120.000 euros.

Polo tanto, o Goberno galego destinará en 2025 preto de 5,6 millóns de euros co fin de previr e paliar os ataques protagonizados pola fauna silvestre para garantir a súa convivencia coas actividades do medio rural.

Nivel de protección

Durante a súa visita a conselleira reiterou a necesidade de que o Goberno central rectifique a súa decisión de incluír o lobo na Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial (Lesrpe) porque non responde a criterios obxectivos nin ao seu estado favorable ao norte do río Douro.

Tal e como subliñou Ángeles Vázquez, os datos do censo elaborado pola Xunta estiman que a poboación desta especie se mantén estable na Comunidade con arredor de 93 mandas, polo que o Goberno galego considera que o estado do lobo non é desfavorable. Ademais, desde a súa inclusión na Lesrpe, en setembro de 2021, os avisos por ataques pasaron de 1.204 a 2.074, segundo os datos provisionais de 2024.

Ante isto, e logo de que o Comité do Convenio de Berna aprobase o cambio do status internacional do lobo en Europa de estritamente protexido a protexido, a Xunta insiste en solicitar ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico que revise o nivel de protección desta especie silvestre co fin de adaptalo á realidade actual en cada zona e que autorice algunha medida excepcional para facilitar a súa xestión.

 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 13/12/2024
733701 {"title":"A Xunta anima ao sector gandeiro a solicitar xa as axudas para a adquisición de cans, pastores eléctricos e valados móbiles para previr os ataques do lobo","published_date":"2024-12-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/141521-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"733701"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-12-13/733701-xunta-anima-ao-sector-gandeiro-solicitar-xa-as-axudas-adquisicion-cans-pastores-electricos-e-valados-mobiles-previr-os-ataques-do-lobo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.