A Xunta e o Concello de Pontevedra acordan manter en 2025 as bonificacións no transporte urbano e as liñas de autobús de interese municipal ata 2028

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

  • Prorrógase un ano máis o convenio que aplica a rebaixa de 50 céntimos nas viaxes urbanas e a bonificación dos transbordos no municipio
  • O acordo polo que se implantaron as liñas urbanas amplía a súa vixencia por outros catro anos, ata 2028
  • As medidas de fomento do uso do transporte público da Xunta impulsaron un crecemento da demanda nas viaxes urbanas en Pontevedra dun 21 % con respecto ao ano pasado
  • Máis de 8.300 usuarios do concello de Pontevedra poden viaxar gratis en toda a comunidade grazas á tarxeta Xente Nova e á Tarifa +65

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2024

A Xunta e o Concello de Pontevedra acordaron manter en 2025 as bonificacións no transporte urbano e as liñas de autobús de interese municipal ata 2028 a través dun convenio asinado hoxe. Prorrógase así a colaboración pola que desde 2021 se activaron descontos nas viaxes de autobús realizadas dentro do municipio e se puxeron en marcha as dúas liñas urbanas que se prestan a través das concesións de transporte público autonómico.

O acordo de mellora das tarifas, que anticipa as actuacións de promoción do transporte público que se implantarán a través da Área de Transporte de Galicia, estenderá a súa duración un ano máis, ata o 31 de decembro de 2025. Así, en canto ás vantaxes económicas para os usuarios, o próximo ano manterase o desconto de 50 céntimos no prezo dos billetes das viaxes con orixe e destino no termo municipal de Pontevedra, así como a bonificación dos transbordos.

Ademais destas melloras nas tarifas activadas mediante o convenio de colaboración co Concello, os usuarios benefícianse dos descontos e bonificacións que se aplican con carácter xeral no transporte público interurbano co pago das Tarxetas de Mobilidade de Galicia. Entre elas figuran a rebaixa directa do 10 % no prezo dos billetes que se paga con esta tarxeta; o desconto adicional do 50 % que a Xunta vén aplicando desde setembro de 2022; a gratuidade para os menores de 21 anos a través da tarxeta Xente Nova; ou a gratuidade para os maiores de 65 anos que se activou o pasado 1 de xaneiro.

Por outra banda, o convenio de colaboración co Concello que implantou as liñas Estacións-A Xunqueira-Monteporreiro (Circular L1) e Praza Galicia-Montecelo-Monteporreiro (Circular L2), como servizos de interese municipal, amplía a súa vixencia por outros catro anos, ata o 31 de decembro de 2028.

O conxunto das medidas de fomento do uso do transporte público da Xunta impulsou un crecemento da demanda nas viaxes urbanas de Pontevedra dun 21 % con respecto ao ano pasado, superando os 600.000 viaxeiros ata setembro, fronte ás 500.000 do mesmo período de 2024. Nos primeiros nove meses do ano, o 83 % dos usuarios das viaxes urbanas de Pontevedra beneficiáronse dos descontos nas tarifas polo pagamento coas Tarxetas de Mobilidade de Galicia, TMG e Xente Nova.

No concello de Pontevedra, máis de 2.900 maiores de 65 anos e máis de 5.400 menores de 21 anos poden viaxar gratis por toda a comunidade grazas á Tarifa +65 e á tarxeta Xente Nova.

Cómpre lembrar que este acordo se suma á prórroga da área de transporte metropolitano de Vigo durante 2025 e aos convenios das áreas da Coruña, Ferrol, Lugo e Santiago de Compostela ata 2028, que veñen de renovarse.

Documentos descargables
  • No hay ficheros adjuntos

Histórico de cambios

Artículo publicado
13/12/2024
https://govclipping.com/search "" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. ¡Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Tanto la lista como todos los elementos guardados serán eliminados. ¡Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. ¡Error! Error al eliminar la lista. Vaciar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres vaciar esta lista? Todas las noticias que contiene esta lista serán desmarcadas. ¡Lista vaciada! La lista ha sido vaciada correctamente. ¡Error! Error al vaciar la lista. Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos.
733692 {"title":"A Xunta e o Concello de Pontevedra acordan manter en 2025 as bonificacións no transporte urbano e as liñas de autobús de interese municipal ata 2028","published_date":"2024-12-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/140390-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"733692"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-12-13/733692-xunta-e-concello-pontevedra-acordan-manter-2025-as-bonificacions-transporte-urbano-e-as-linas-autobus-interese-municipal-ata-2028 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.