A Xunta destina 365.300 euros á rehabilitación das catro vivendas municipais de Lugo que atenden a mulleres vítimas de violencia de xénero
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O delegado territorial, Javier Arias, e o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, comprobaron esta tarde o resultado das obras, enmarcadas no primeiro dos convenios para mellorar os sete centros de acollida da rede autonómica, entre eles os de Burela e Chantada
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 12 de decembro de 2024
A Xunta destinou 365.300 euros á execución de obras de reforma integral nas catro vivendas de titularidade municipal de Lugo que atenden a mulleres vítimas de violencia de xénero e que forman parte da Rede galega de acollemento.
Así o explicaron hoxe o delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, e o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, no transcurso dunha visita ás instalacións.
A colaboración formalizouse a través dun convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Lugo, e conta con fondos europeos procedentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (NextGeneration-EU).
Mediante este acordo, a Xunta financiou actuacións de mellora da accesibilidade e da eficiencia enerxética; a renovación de instalacións de electricidade e fontanería ou a adquisición de novo mobiliario e equipamento, entre outras accións.
Ambos responsables autonómicos explicaron que este é o primeiro dos convenios que se asinarán para realizar unha serie de investimentos nos sete centros de acollida que forman parte da rede autonómica, entre os que figuran os de Lugo, Chantada e Burela. O obxectivo é ofrecer unhas instalacións axeitadas e equipadas que conten cunha infaestrutura idónea.