A Xunta manterá as bonificacións autonómicas no transporte interurbano en 2025 con independencia do que decida o estado con respecto aos seus descontos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes anunciou a continuidade da redución do 20% no prezo do billete para as persoas usuarias da Tarxeta de Mobilidade de Galicia, aínda que o Goberno central non asuma o outro 30% como ata o de agora
  • Esta medida súmase a outras vantaxes impulsadas polo Goberno galego para o fomento do transporte público, como o desconto do 10% sobre a tarifa en efectivo, reducións para usuarios recorrentes e familias numerosas ou transbordos gratuítos dentro das áreas de transporte metropolitano
  • Amplíase tamén a vixencia da Tarxeta Xente Nova e da Tarifa+65, cun presuposto para o vindeiro exercicio que supera os 17 millóns de euros

A Coruña, 12 de decembro de 2024

A Xunta manterá as bonificacións autonómicas no transporte interurbano en 2025 con independencia do que decida finalmente facer o Estado con respecto aos seus descontos, dos que anunciou a posible retirada ao rematar o ano. Así, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asegurou hoxe que, do 50% de desconto no prezo do billete que se viña aplicando de xeito compartido entre os gobernos estatal e autonómico, asumindo e 30% e o 20% respectivamente, a Xunta manterá a súa parte a maiores das diferentes vantaxes impulsadas a nivel autonómico. Entre elas están a redución do 10% sobre a tarifa en efectivo, descontos adicionais do 15% para usuarios recorrentes e de ata o 50% para membros de familias numerosas, ou transbordos gratuítos dentro das áreas de transporte metropolitano.

Nesta liña, recordou que a Xunta traballa na futura implantación da Área de Transportes de Galicia, unha área única de transporte para toda a comunidade que suporía estender as vantaxes das áreas de transporte metropolitano, de maneira que os transbordos sexan gratuítos en todas as viaxes.

Diego Calvo fixo este anuncio hoxe na Coruña nun acto xunto coa directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, no que comprobou cunha persoa usuaria o funcionamento da Tarifa +65, cando está a punto de cumprirse un ano desta medida pioneira para o fomento do transporte público entre as persoas maiores de 65 anos.

Segundo sinalou o conselleiro, o mantemento das bonificacións enmárcase no firme compromiso do Goberno galego coa mobilidade. "Galicia pode presumir dun Plan de transporte público referente, con tarifas máis económicas e uniformes para todo o territorio e amplas vantaxes a través da Tarxeta de Mobilidade de Galicia", apuntou.

Ampliación TXN e Tarifa +65

Tamén se referiu á ampliación a 2025 das bonificacións pioneiras no Estado para menores de 21 anos, a través da Tarxeta Xente Nova, e maiores de 65, a través da Tarifa +65. A través delas, facilítanselles aos colectivos beneficiarios ata 60 viaxes de balde ao mes no autobús interurbano, no transporte marítimo da ría de Vigo e no ferrocarril de proximidade na área de Ferrol. O presuposto para o vindeiro ano para ambas as medidas supera os 17 millóns de euros.

Na actualidade preto de 127.000 menores de 21 anos se benefician das vantaxes da Tarxeta Xente Nova, dos que máis de 21.800 se sumaron nos nove primeiros meses deste ano. Ata o final de setembro, este colectivo realizou  máis de 4,8 millóns de viaxes gratuítas, un 11% máis que no mesmo período do ano anterior. Nesta liña, cómpre sinalar que as viaxes pagadas con esta tarxeta medraron o pasado ano ata os seis millóns, a cifra máis alta desde que se puxo en marcha, incrementándose un 24% con respecto ao ano anterior. Por concellos, Vigo é o que ten máis tarxetas Xente Nova activas, con 11.147 tarxetas, seguido da Coruña, con 9.090, e de Santiago de Compostela, con 6.883 tarxetas.

O obxectivo desta medida, posta en marcha pola Xunta en 2016 e que non deixou de medrar desde entón, é contribuír á economía familiar e facilitarlle á mocidade o acceso a servizos básicos ao tempo que se fomenta o transporte público e unha mobilidade sustentable nesta franxa de idade. Desde a súa creación o investimento supera os 27 millóns de euros.

No que se refire á tarifa +65, posta en marcha tamén con carácter pioneiro a comezos de ano, suma xa máis de 105.000 usuarios que realizaron ata finais de setembro 2,44 millóns de viaxes gratuítas. Por concellos, A Coruña é o que ten máis tarxetas coa tarifa +65 activas, con 12.709 tarxetas, seguido de Vigo, con 12.037, e de Santiago de Compostela, con 7.885 tarxetas.

Ambas as medidas enmárcanse no Plan de Transporte Público de Galicia, unha ferramenta de referencia no resto das comunidades e que supón un investimento anual de 150 millóns de euros, incluíndo o transporte interurbano, adaptado e escolar.

Documentos descargables
  • No hay ficheros adjuntos

Histórico de cambios

Artículo publicado
12/12/2024
https://govclipping.com/search "" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. ¡Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Tanto la lista como todos los elementos guardados serán eliminados. ¡Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. ¡Error! Error al eliminar la lista. Vaciar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres vaciar esta lista? Todas las noticias que contiene esta lista serán desmarcadas. ¡Lista vaciada! La lista ha sido vaciada correctamente. ¡Error! Error al vaciar la lista. Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos.
730373 {"title":"A Xunta manterá as bonificacións autonómicas no transporte interurbano en 2025 con independencia do que decida o estado con respecto aos seus descontos","published_date":"2024-12-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/140279-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"730373"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-12-12/730373-xunta-mantera-as-bonificacions-autonomicas-transporte-interurbano-2025-independencia-do-decida-estado-respecto-aos-seus-descontos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.