O delegado territorial da Xunta en Pontevedra recibe aos representantes dos máis de 80 efectivos da provincia que colaboraron nas tarefas de recuperación dos danos causados pola DINA
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
- Reguera, acompañado polo subdirector de xeral de Planificación e Protección Civil, escoitou as experiencias dos efectivos desprazados
- En total colaboraron cos servizos valencianos máis de 80 efectivos procedentes de 18 agrupacións de bombeiros, grupos de emerxencias supramunicipais (GES), Servizos Municipais de Protección Civil (SMPC) e Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC)
Pontevedra, 2 de decembro de 2024
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, recibiu esta mañá aos representantes dos 18 grupos operativos que se desprazaron a Valencia para colaborar nas labores de recuperación dos danos causados pola DINA.
Así, o delegado, acompañado polo subdirector xeral de Planificación e Protección Civil, José Antonio Grandas, agradeceu a "profesionalidade, o altruísmo e o saber facer" de todas as persoas que "decidiron deixar ás súas familias para axudar alí onde eran máis necesarios".
En total foron máis de 80 os efectivos que se desprazaron dende a provincia de Pontevedra e que estiveron coordinados pola Xunta. Entre eles, o Consorcio de Bombeiros de Pontevedra; os Bombeiros de Vigo; os Bombeiros de Ponteareas; os Bombeiros de Pontevedra; o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Estrada; o GES de Mos; o Servizo Municipal de Protección Civil (SMPC) de Cambados; o SMPC de Vilagarcía de Arousa; a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Tui; a AVPC de Moraña, Cuntis e Portas; a AVPC do Rosal, a AVPC de Valga, a AVPC de Cangas do Morrazo; a AVPC Oitavén-Tea; e a AVPC de Caldas de Reis.
O encontro serviu para poñer en común as vivencias e retos que toparon os distintos grupos durante a súa labor en Valencia e traballar así en base a esta experiencia para poder perfeccionar futuras respostas.
O delegado territorial rematou a súa intervención lembrando que "en Galicia, e especialmente na provincia de Pontevedra, contamos cuns servizos de emerxencias de primeiro nivel e que ademais contan coas ferramentas materiais e inmateriais necesarias para facer fronte a calquera tipo de circunstancia coa máxima profesionalidade".
- Etiquetas:
- C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Documentos descargables
- No hay ficheros adjuntos