Diego Calvo asiste ao campionato galego de ximnasia artística masculina
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
A Coruña, 30 de novembro de 2024
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego calvo, asistiu hoxe ao campionato galego de ximnasia artística masculina celebrado na Coruña co apoio da Xunta. Na competición desenvolvida ao longo da mañá participan 13 ximnastas das modalidades vía olímpica, base e promogym, oito deles do club galego Terra Sports Academy, que acolle o evento deportivo nas súas instalacións, e outros cinco do leonés Bayosil.
Na visita, Diego Calvo salientou o labor desenvolvido por estas entidades no impulso da ximnasia artística e, en especial, da especialidade masculina, que en Galicia suma actualmente algo máis de medio cento de deportistas de catro clubs.
- Etiquetas:
- C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Documentos descargables
- No hay ficheros adjuntos