A Xunta abrirá en Madrid unha sede da Oficina Económica de Galicia para reforzar a dinamización empresarial e a captación de investimentos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Estará emprazada nas instalacións da Casa de Galicia en Madrid e a previsión é que entre en funcionamento a mediados de 2025
  • Lorenzana subliña que o Goberno galego dá un paso máis abrindo a primeira oficina fóra de Galicia para continuar simplificando o camiño ás empresas que queiran implantarse na Comunidade
  • Resalta a desburocratización como estratexia-chave da política económica do Goberno galego: a Xunta busca converterse nunha Administración amigable para o tecido produtivo e dar unha resposta áxil, rápida e útil

Madrid, 30 de novembro de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, anunciou hoxe que a Xunta vai iniciar os trámites para abrir nas instalacións da Casa de Galicia en Madrid unha nova sede da Oficina Económica de Galicia coa previsión de que estea en funcionamento a mediados de 2025. O obxectivo, dixo, é "reforzar a implantación de empresarial e a captación de investimentos" para contribuír a implantación de empresas en Galicia.

Lorenzana, que mantivo un encontro co representantes da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama), subliñou que con isto, o Goberno galego da un paso máis abrindo a primeira oficina fóra de Galicia que permitirá continuar coa desburocratización como estratexia-chave da política económica do Goberno galego. "A Xunta busca converterse nunha Administración amigable para o tecido produtivo e dar unha resposta áxil, rápida e útil", dixo.

Durante a súa intervención, a conselleira avanzou que desde a súa entrada en funcionamento o pasado mes de abril, a Oficina Económica de Galicia, dependente do Igape, leva atendidas 11.898 consultas, e  máis dun 80 % resoltas no acto. Ademais, xa se levan concertado 517 reunións de asesoramento empresarial, para entre outros asuntos, abordar 179 proxectos de especial relevancia.

"Estamos falando xa de case 12.000 consultas atendidas en apenas sete meses, unha mostra clara do éxito que está a ter esta iniciativa e mostra tamén do necesario que era dotar á Administración autonómica dun servizo de atención especializada a empresas e próxima a empresas", subliñou.

A Oficina Económica de Galicia funciona coma unha canle única para a empresa e a industria e como punto de contacto de información e entrada para as iniciativas empresariais e proxectos industriais. É dicir, "un punto de atención personalizado onde encontrar o que as empresas precisan, asesoramento e acompañamento para a posta en marcha dos seus proxectos", destacou.

Neste sentido, María Jesús Lorenzana, apuntou que para o crecemento de Galicia, da súa economía e da súa industria, "son vitais as empresas e é responsabilidade das Administracións facilitarlles as condicións apropiadas para o seu asentamento."

Así mesmo, no marco da política económica e industrial que está a levar a cabo a Xunta, explicou que para o 2025, se incremta o orzamento do Igape un 20% (ata os 278 millóns de euros) para seguir traballando en áreas fundamentais para o crecemento e a consolidación do tecido produtivo a través da competitividade, a innovación, a internacionalización e o financiamento.

Finalmente, a titular de Economía e Industria, subliñou que o obxectivo do Goberno galego é posicionar a Galicia como destino atractivo e diferenciado para o investimento, atraer e facilitar a implantación de novos investimentos da Comunidade, seleccionar e captar os investimentos que complementen as cadeas de valor, e favorecer o mantemento e ampliación dos investimentos xa existentes.

Documentos descargables
  • No hay ficheros adjuntos

Histórico de cambios

Artículo publicado
30/11/2024
https://govclipping.com/search "" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. ¡Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Tanto la lista como todos los elementos guardados serán eliminados. ¡Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. ¡Error! Error al eliminar la lista. Vaciar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres vaciar esta lista? Todas las noticias que contiene esta lista serán desmarcadas. ¡Lista vaciada! La lista ha sido vaciada correctamente. ¡Error! Error al vaciar la lista. Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos.
709399 {"title":"A Xunta abrirá en Madrid unha sede da Oficina Económica de Galicia para reforzar a dinamización empresarial e a captación de investimentos","published_date":"2024-11-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/138445-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"709399"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-11-30/709399-xunta-abrira-madrid-unha-sede-da-oficina-economica-galicia-reforzar-dinamizacion-empresarial-e-captacion-investimentos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.