Rueda destaca a aposta da Xunta pola conservación da Rede de Parques Naturais de Galicia ao destinar preto de 3 M€ a este tipo de actuacións

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Salienta distintas actuacións que o Goberno galego está a desenvolver no Monte Aloia, entre as que destacan a eliminación de especies invasoras como as acacias ou a elaboración dunha guía e dun plano informativos para os visitantes
  • A Administración autonómica destina tamén preto de 1,4 millóns de euros a máis dun cento de axudas para concellos, asociacións, empresas e particulares co obxectivo de impulsar proxectos de preservación e posta en valor dos 6 parques naturais galegos

Tui (Pontevedra), 30 de novembro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o compromiso do Goberno galego coa preservación da Rede de Parques Naturais de Galicia, un obxectivo para o que se destinan preto de 3 millóns de euros.

Así o salientou durante unha visita esta mañá ao Monte Aloia, que foi o primeiro parque natural declarado en Galicia, fai xa preto de 50 anos. Durante a súa visita, na que estivo acompañado pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, subliñou que pasear por algunha das súas sendas, que suman preto de 10 quilómetros, permite facer tamén un percorrido pola historia do patrimonio natural galego.

No caso concreto do Monte Aloia, a Xunta está a desenvolver diferentes actuacións, entre as que destacan a eliminación de especies invasoras como as acacias -o obxectivo é actuar en preto de 30 hectáreas ata 2026-; a elaboración dunha guía e dun plano con información para os visitantes; así como traballos de mantemento, conservación, recuperación e rehabilitación de hábitats, rutas, camiños e zonas de uso público. Tamén quixo recoñecer o traballo e cooperación das persoas involucradas nestas iniciativas, como é o caso das comunidades de montes "que traballan man a man coa Xunta para poder ter estas pequenas marabillas que existen en Galicia", afirmou.

Un compromiso de todos

Co obxectivo de preservar estes espazos protexidos e garantir que os seus valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos perduren no tempo, Rueda tamén fixo referencia á reserva dunha partida de 1,3 millóns de euros nos orzamentos do vindeiro ano.

A este investimento, súmanselle preto de 150.000 euros -máis de 36.700 euros para o Monte Aloia- que destina o Goberno galego para labores paisaxísticos nos 6 parques naturais galegos.

Así mesmo, explicou que entre este ano e o que vén a Xunta destina preto de 1,4 millóns de euros en axudas a máis dun cento de proxectos de concellos, asociacións, empresas e particulares co obxectivo de impulsar actuacións de conservación e posta en valor destes espazos naturais, ao mesmo tempo que avogou por seguir colaborando entre todos na protección da rica biodiversidade de Galicia. "Estas marabillas están para desfrutar, para conservar e para traspasar aos que veñan despois de nós", finalizou.

Documentos descargables
  • No hay ficheros adjuntos

Histórico de cambios

Artículo publicado
30/11/2024
https://govclipping.com/search "" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. ¡Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Tanto la lista como todos los elementos guardados serán eliminados. ¡Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. ¡Error! Error al eliminar la lista. Vaciar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres vaciar esta lista? Todas las noticias que contiene esta lista serán desmarcadas. ¡Lista vaciada! La lista ha sido vaciada correctamente. ¡Error! Error al vaciar la lista. Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos.
709391 {"title":"Rueda destaca a aposta da Xunta pola conservación da Rede de Parques Naturais de Galicia ao destinar preto de 3 M€ a este tipo de actuacións","published_date":"2024-11-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/138065-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"709391"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-11-30/709391-rueda-destaca-aposta-da-xunta-pola-conservacion-da-rede-parques-naturais-galicia-ao-destinar-preto-3-m-tipo-actuacions https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.