Miranda entrega ao alcalde de Sevilla a Anduriña de Ouro no 66º aniversario do Lar Galego da cidade

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Tamén se entregaron a 'Insignia de Ouro' a José Fernández Arias, polos seus 50 anos na entidade, e as 'Insignias de Prata' a Pilar Martín Artero, Pedro Pérez Márquez, José Guardiola Guardiola e Antonio Hernández Nogales, polos seus 25 anos como socios
  • Miranda puxo de relevo que o Lar Galego de Sevilla é un "símbolo vivo da capacidade da nosa emigración para manter intactas as nosas tradicións e, ao mesmo tempo, construír pontes coa sociedade que nos acolle"

Sevilla, 30 de novembro de 2024

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe nos actos conmemorativos do 66º aniversario do Lar Galego de Sevilla, onde se fixo entrega da tradicional Anduriña de Ouro ao alcalde da cidade, José Luis Sanz. Esta distinción recoñece o seu apoio constante á comunidade galega e o seu traballo no fortalecemento dos lazos entre Galicia e Andalucía.

Durante o evento, tamén se entregaron a Insignia de Ouro -a José Fernández Arias, polos seus 50 anos de compromiso co Lar Galego de Sevilla- e as Insignias de Prata a Pilar Martín Artero, Pedro Pérez Márquez, José Guardiola Guardiola e Antonio Hernández Nogales, en recoñecemento aos seus 25 anos como socios da entidade.

O acto incluíu ademais a entrega do premio do VIII Certame de Relatos Curtos María Teresa Rodríguez ao escritor Manuel Luque Tapia, polo seu relato titulado Yo me entiendo, unha emotiva historia que aborda a resiliencia fronte ao alzhéimer e a perda, destacada pola súa capacidade para conmover e sensibilizar aos lectores.

Os actos, celebrados na sede do Lar Galego de Sevilla, contaron coa participación de representantes municipais e da sociedade sevillana, así como dunha ampla representación da colectividade galega asentada na cidade.

Unha comunidade viva e unida

No seu discurso, o secretario xeral da Emigración destacou a relevancia do Lar Galego como un exemplo de cohesión e de orgullo pola cultura galega fóra de Galicia. "O Lar Galego é un símbolo vivo da capacidade da nosa emigración para manter intactas as nosas tradicións e, ao mesmo tempo, construír pontes coa sociedade que nos acolle", afirmou Miranda.

Tamén tivo palabras de recoñecemento para o alcalde, José Luis Sanz, sinalando que "esta Anduriña de Ouro representa a gratitude de Galicia a unha persoa que entendeu a importancia de preservar e fomentar os lazos entre dúas terras irmás como son Galicia e Andalucía".

Por último, Miranda felicitou aos homenaxeados polas súas insignias e ao escritor premiado, Manuel Luque Tapia, subliñando o valor do certame literario como ferramenta para transmitir e preservar a esencia cultural galega no exterior.

O Lar Galego de Sevilla: unha historia de 66 anos

Desde a súa fundación en 1956, o Lar Galego de Sevilla consolidouse como un punto de referencia para a colectividade galega no sur de España. A súa actividade cultural, social e benéfica atrae tanto á comunidade galega como aos veciños sevillanos, destacando pola súa integración na vida da cidade e pola súa presenza en eventos emblemáticos como a Feria de Sevilla.

Con esta celebración do 66º aniversario, o Lar Galego de Sevilla reafirma o seu compromiso con Galicia e coa promoción da cultura galega. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, máis de 20.000 galegos residen en Andalucía, sendo uns 4.000 os censados na provincia de Sevilla, o que reflicte a importancia desta colectividade na rexión.

Documentos descargables
  • No hay ficheros adjuntos

Histórico de cambios

Artículo publicado
30/11/2024
https://govclipping.com/search "" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. ¡Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Tanto la lista como todos los elementos guardados serán eliminados. ¡Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. ¡Error! Error al eliminar la lista. Vaciar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres vaciar esta lista? Todas las noticias que contiene esta lista serán desmarcadas. ¡Lista vaciada! La lista ha sido vaciada correctamente. ¡Error! Error al vaciar la lista. Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos.
709390 {"title":"Miranda entrega ao alcalde de Sevilla a Anduriña de Ouro no 66º aniversario do Lar Galego da cidade","published_date":"2024-11-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/138497-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"709390"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-11-30/709390-miranda-entrega-ao-alcalde-sevilla-andurina-ouro-66-aniversario-do-lar-galego-da-cidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.