A Xunta reforza a Rede Pública de Atención Temperá para a atención a nenos con problemas de desenvolvemento
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
- No 2025 destinaranse máis de 7 millóns de euros ás 51 unidades que hai por toda a comunidade, seis delas creadas recentemente
Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2024
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, destacou esta mañá a importancia da atención temperá para detectar posibles problemas no desenvolvemento dos máis pequenos e poder corrixilos. Díxoo na clausura do curso Traballo con Familias que a Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) realizou na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e no que se abordou a importancia de implicar ás familias nos tratamento e terapias que reciben os usuarios de atención temperá.
Begoña Abeijón sinalou o forte impulso que nos últimos anos deu a Xunta á rede pública de atención temperá, que hoxe chega a máis de 5.600 nenos de 200 concellos. Ademais, manifestou que o Executivo autonómico seguirá no 2025 consolidando este servizo cun investimento de máis de 7 millóns de euros nas 51 unidades que hai por toda a comunidade, seis delas creadas recentemente.
Así mesmo, anunciou que o vindeiro ano a Xunta comezará os traballos de campo con profesionais e entidades especializadas para desenvolver ao longo desta lexislatura un servizo de atención postemperá para rapaces con máis de seis anos que precisen de apoio.
- Etiquetas:
- C. de Política Social e Igualdade
Documentos descargables
- No hay ficheros adjuntos