A Xunta inviste máis de 1,5 M€ en tres infraestruturas de carácter estratéxico ourensás coas axudas do fondo adicional do fondo de cooperación local

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visita Cortegada para coñecer as melloras previstas no polideportivo cunha achega de 255.000 euros no marco desta liña de apoio
  • O Goberno galego manterá o próximo ano esta nova liña de acción, dotada con 8,5 millóns de euros
  • En toda Galicia hai unha vintena de proxectos beneficiarios, relacionados con instalacións hidráulicas, deportivas, culturais, de mobilidade e accesibilidade e para servizos sociais
Imagen del artículo A Xunta inviste máis de 1,5 M€ en tres infraestruturas de carácter estratéxico ourensás coas axudas do fondo adicional do fondo de cooperación local
Cortegada (Ourense), 29 de novembro de 2024

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe Cortegada para coñecer as melloras previstas no pavillón polideportivo municipal co apoio da Xunta a través das axudas do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local (FCL). Trátase dunha liña dotada con 8,5 millóns de euros e destinada a investimentos en infraestruturas municipais de carácter estratéxico, que no caso de Ourense van supoñer achegas de máis de 1,5 millóns de euros para tres proxectos, entre os que figura o deste municipio denominado Cortegada deportiva e accesible. 

Concretamente nesta actuación, o goberno galego achegará máis de 255.000 euros para a mellora das gradas, da pista, dos aseos, dos vestiarios, das oficinas e da envolvente térmica. Tamén se dotará o espazo de aparcadoiro e de alumeado no exterior, así como dunha área axardinada para favorecer a integración paisaxística. A maiores, mellorarase a accesibilidade e a eficiencia cunha instalación fotovoltaica. O orzamento global do proxecto ascende a 600.000 euros.  

De feito, o orzamento mínimo dos proxectos beneficiarios nestas subvencións é de 500.000 euros e o financiamento da Xunta pode chegar ata o 50% do importe total, co límite de 700.000 euros por cada proxecto estratéxico. 

Segundo sinalou a directora xeral, no caso de Cortegada, o carácter estratéxico da iniciativa maniféstase na súa contribución a distintos niveis, abarcando o deporte, o turismo e a mellora ambiental. Transcende ademais o eido local, xa que busca atraer participantes doutros territorios. "Trátase así de amplificar o seu impacto social e de contribuír o desenvolvemento económico da zona, asegurando a sostibilidade a longo prazo", engadiu.

Unha vintena de proxectos en toda Galicia

As actuacións beneficiarias da nova liña de axudas no conxunto de Galicia ascenden a unha vintena. As obras céntranse en infraestruturas hidráulicas, culturais, deportivas, de mobilidade e accesibilidade e para servizos sociais. Na provincia de Ourense, xunto coa iniciativa presentada por Cortegada, resultaron beneficiadas as de Ribadavia, tamén para a mellora de instalacións deportivas, e a de Verín para a mellora da eficiencia enerxética da EDAR.

Natalia Prieto explicou que, no marco desta medida, se consideran estratéxicos os proxectos nas infraestruturas locais que sexan fundamentais ou decisivos para a mellora dos servizos, para o desenvolvemento social ou para o equilibrio territorial e teñan repercusión no ámbito supramunicipal ou comarcal. 

Tamén teñen esta consideración os investimentos en infraestruturas locais con transcendencia económica ou industrial en sectores estratéxicos de ámbito local ou comarcal, que incentiven o desenvolvemento empresarial ou que promovan o tecido comercial da zona, así como os que desenvolvan investimentos en infraestruturas previstos nun plan estratéxico aprobado pola entidade local. 

Preto de 1,5M€ investidos en Cortegada

Tendo en conta esta actuación prevista no pavillón polideportivo, a directora xeral destacou que nos últimos anos o Goberno galego investiu preto de 1,5 millóns de euros a través das diferentes medidas de apoio ao eido local, como a Orde de infraestruturas de uso público, o Fondo de Compensación Ambiental, a orde de axudas de eficiencia enerxética cofinanciado con fondos Feder ou o Fondo de Cooperación Local, no que se enmarca esta liña dirixida a proxectos estratéxicos.

A través deste conxunto de medidas, só neste ano se distribuíron máis de 32 millóns de euros para a execución de case 700 proxectos municipais en toda Galicia.

Ademais, en 2025 os municipios verán incrementado o apoio que supón o Fondo de Cooperación Local ascenderá ata  os 168 millóns de euros -co fondo base e o adicional-, 10 millóns máis que neste exercicio, un 6,3% por riba da suba media das contas autonómicas. Ademais, o fondo base do FCL incrementarase en 5,4 millóns de euros, que se repartirán entre os concellos de menos de 15.000 habitantes, que son os que teñen menos ingresos, os que máis dependen das transferencias doutras administracións e os que teñen menos capacidade de aforro.

A través do FCL, a Xunta trata de compensar o desfase que ocasionan as particularidades dos municipios galegos como son a demografía ou a dispersión xeográfica. Por iso, o Goberno galego vén reclamando ao Executivo estatal a definición dun novo modelo de financiación autonómica que teña en conta as particularidades de cada territorio.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 29/11/2024
704756 {"title":"A Xunta inviste máis de 1,5 M€ en tres infraestruturas de carácter estratéxico ourensás coas axudas do fondo adicional do fondo de cooperación local","published_date":"2024-11-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"704756"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-11-29/704756-xunta-inviste-mais-1-5-m-tres-infraestruturas-caracter-estratexico-ourensas-coas-axudas-do-fondo-adicional-do-fondo-cooperacion-local https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.