A Xunta entrega os diplomas ao alumnado do obradoiro de emprego dual 'ArquivaLugo'
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O delegado territorial, Javier Arias, explica que o Goberno galego financia con 982.000 euros este taller e un novo que comezará este ano e que brindará oportunidades laborais a outras 20 persoas desempregadas

Lugo, 22 de novembro de 2024
A Xunta entregou hoxe os diplomas ao alumnado que completou con éxito o obradoiro de emprego dual ArquivaLugo, promovido polo Concello de Lugo co financiamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
O acto contou coa participación do delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, quen apuntou que o Goberno galego inviste 982.000 euros neste taller e noutro que comezará proximamente neste mesmo municipio. Cada un deles brinda oportunidades laborais a 20 persoas desempregadas.
Arias destacou que estes programas combinan formación teórica e práctica en sectores con alta demanda de profesionais, "polo que as persoas participantes melloran as súas posibilidades de optar a un emprego de calidade".
O obradoiro de emprego que finaliza impartiu as especialidades de gravación e tratamento de datos e documentos, confección de páxinas web e deseño de produtos gráficos.
As actuacións proxectadas para desenvolver durante o ano de duración da actividade centráronse na dixitalización de documentos municipais - actas consistoriais da segunda metade dos séculos XVIII e XIX e expedientes de licenzas de obras do período comprendido entre 1951 e 1955 -; a elaboración dunha páxina web e o deseño de material sobre o Arquivo Municipal, como un tríptico informativo e un calendario de mesa.
No que respecta ao próximo taller, Salus Lugo, será financiado pola Xunta con cargo á convocatoria de axudas de 2024. Comezará este ano e ofrecerá formación nas áreas de atención sociosanitaria a persoas dependentes e intervención socioeducativa orientada ás persoas con discapacidade.