Rueda destaca a posta en marcha dun novo programa para mellorar as competencias dixitais de 21.000 persoas en concellos de menos de 20.000 habitantes

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

  • Enmárcase nas medidas para lograr que "o 70% da poboación galega" teña capacidades dixitais básicas ou avanzadas no 2025
  • Salienta que se destinarán 4,8 M€ a esta iniciativa que ten como obxectivo "reducir a fenda dixital"
  • A formación, que se centrará no colectivo de persoas maiores, será totalmente gratuíta e realizarase en cada municipio, a través de aulas fixas ou aulas móbiles itinerantes
  • O Consello tamén renova o convenio con Castela e León, Andalucía, Comunidad Valenciana, Estremadura, Navarra e Murcia para seguir colaborando no deseño de materiais e recursos para formación en habilidades dixitais
  • Máis de 40.000 alumnos e 32.000 profesores xa teñen un certificado que acredita os seus coñecementos do eido dixital

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Consello "aprobou destinar 4,8 millóns de euros a un novo programa para formar en competencias dixitais a 21.000 veciños de municipios con menos de 20.000 habitantes". 

Esta iniciativa enmárcase no obxectivo da Xunta de lograr que "o 70% da poboación galega" teña capacidades dixitais básicas ou avanzadas no 2025, taxa que agora mesmo está no 64%. "Queremos reducir a fenda dixital e potenciar o coñecemento dixital que cada vez é mais necesario  para pedir unha cita médica, facer un pago bancario ou realizar un trámite", salientou Rueda.

Por iso, o Consello autorizou hoxe a licitación do contrato para o desenvolvemento dun novo programa de capacitación dixital transversal da poboación que se centrará especialmente nas persoas maiores. Financiado con fondos europeos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (NextGeneration-EU), desenvolverase durante o vindeiro ano e ata mediados do 2026 "de balde e forma presencial" en aulas fixas ou móbiles itinerantes. 

Ademais das persoas maiores, as mulleres, a infancia e a mocidade son os outros sectores da poboación aos que está orientada esta proposta. Quérese proporcionar competencias dixitais básicas a nenos en idade escolar ou aos maiores de 65 anos, así como competencias dixitais avanzadas a persoas de entre 18 e 65 anos. 

Empregabilidade e habilidades básicas

Este novo programa enmárcase na aposta da Xunta por potenciar actividades formativas para que a poboación mellore as súas competencias dixitais co obxectivo de mellorar a inserción laboral ou dotalas de habilidade básicas para o desempeño de labores que hoxe en día requiren de certo coñecemento do mundo dixital. 

Nesta liña, cómpre lembrar que Galicia foi a primeira comunidade autónoma en adaptar a súa normativa ao Marco europeo, creando o Marco galego de competencias dixitais, que acredita coñecementos en 21 competencias agrupadas en cinco áreas de dominio. As acreditacións fóronse implantando inicialmente no ámbito educativo e no sector público autonómico, e este ano convocáronse as primeiras probas para a cidadanía.

Ademais conta coa Rede CeMIT que en colaboración con outras entidades e voluntarios, ofrece formación de balde á cidadanía para mellorar as competencias dixitais e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia vén de poñer en marcha un programa formativo de carácter gratuíto e 100% en liña para facilitar a capacitación en competencias dixitais a máis de 45.000 persoas de entre 14 e 74 anos.

Nesta liña, o Consello  aprobou renovar o convenio coas comunidades de Castela e León, Andalucía, Valencia, Navarra, Extremadura e Murcia para desenvolver contidos e compartir recursos orientados á capacitación dixital da sociedade. A colaboración, que se asinará proximamente, recolle o compromiso dos sete gobernos autonómicos de aglutinar esforzos e evitar duplicidades para facilitar o acceso de toda a cidadanía á acreditación en competencias dixitais.  

O primeiro convenio, asinado en 2021, foi clave en Galicia para desenvolvemento da plataforma de certificación, así como para a elaboración dos contidos das probas para obter a acreditación en competencias dixitais. O novo acordo establece catro espazos de colaboración entre comunidades: un para coordinar temas relativos á autodiagnose das competencias dixitais; un segundo espazo centrado na formación; o terceiro para as cuestións relativas á certificación, e un cuarto espazo para colaborar na promoción e difusión das  competencias dixitais a través o intercambio de boas prácticas, eventos ou actividades divulgativas.

Grazas ás distintas medidas postas en marcha, a previsión é que ao remate de 2024 Galicia terá acreditado as competencias dixitais de nivel básico e intermedio a máis de 49.000 persoas entre alumnado, empregados públicos e cidadanía.

Certificados no eido educativo

Galicia foi pioneira o curso pasado en acreditar as competencias dixitais do alumnado e do profesado da comunidade e o Consello hoxe fixo balance dos certificados expedidos ata agora.

Tal e como amosa o informe hoxe avaliado polo  Executivo autonómico, preto de 21.000 alumnos de FP, ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño e ensinanzas de educación secundaria e bacharelato para persoas adultas xa teñen acreditadas as súas competencias dixitais grazas ao proceso pioneiro e propio, habilitado para tal fin pola Xunta de Galicia. 

Trátase, en concreto, dun total de 20.686 alumnos, dos cales 17.732 son estudantes de ciclos de formación profesional, 2.807 de ensinanzas para persoas adultas e 147 de Artes Plásticas e Deseño. Por niveis, o 85,4% (17.667) obtivo o nivel intermedio de acreditación e o 14,6% (3.039) restante fíxoo no inicial. Todos eles recibirán de oficio a documentación acreditativa.  

Estas acreditacións nas mencionadas ensinanzas realízanse ao abeiro do mecanismo que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional puxo en marcha o pasado curso co obxectivo de que o alumnado perfeccione as súas destrezas dixitais a partir dos contidos obtidos no sistema educativo e, deste xeito, mellorar a súa inserción laboral.  Ademais das persoas acreditadas no eido da FP, nestes momentos hai certificados un total de 19.366 alumnos de ESO e bacharelato e 32.693 docentes. 

Galicia permite así, por primeira vez no Estado, que os seus alumnos accedan a estes certificados, denominados ComDix, desde o sistema educativo, posibilidade que xa teñen tamén os docentes ao abeiro do mecanismo habilitado pola Xunta para os profesionais do ensino. A acreditación da competencia dixital do alumnado pode obterse, ben de xeito automático ao titular nalgunha das ensinanzas ou etapas, ou ben a través dunha proba específica a través da cal se pode acadar un nivel superior ou completar o nivel acadado.

 

 


 

Documentos descargables
  • No hay ficheros adjuntos

Histórico de cambios

Artículo publicado
18/11/2024
https://govclipping.com/search "" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. ¡Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Tanto la lista como todos los elementos guardados serán eliminados. ¡Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. ¡Error! Error al eliminar la lista. Vaciar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres vaciar esta lista? Todas las noticias que contiene esta lista serán desmarcadas. ¡Lista vaciada! La lista ha sido vaciada correctamente. ¡Error! Error al vaciar la lista. Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos.
620630 {"title":"Rueda destaca a posta en marcha dun novo programa para mellorar as competencias dixitais de 21.000 persoas en concellos de menos de 20.000 habitantes","published_date":"2024-11-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/131691-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"620630"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-11-18/620630-rueda-destaca-posta-marcha-dun-novo-programa-mellorar-as-competencias-dixitais-21-000-persoas-concellos-menos-20-000-habitantes https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.