A Xunta financia con 17.000 euros melloras na sede da asociación veciñal de San Pedro de Seixas, en Cospeito

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

  • O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se acondicionaron un aparcamento e unha zona exterior para actividades, entre outros traballos

Cospeito (Lugo), 14 de novembro de 2024

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes destinou 17.000 euros a financiar traballos de acondicionamento exterior e equipamento da casa escola de Seixas, que promoveu a asociación veciñal O Cruceiro, da parroquia de San Pedro de Seixas de Cospeito.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe o resultado das obras, entre as que destaca o acondicionamento no exterior dunha zona de aparcamento e dun espazo que permite desenvolver actividades ao aire libre. Con este fin, tamén adquiriron catro mesas pregables, 24 cadeiras e unha carpa desmontable.

Igualmente, no interior do local instalaron unha estufa de pellets e a cheminea para a extracción de fume, un equipo de televisión con altofalantes e armarios para almacenaxe.

Arias sinalou que as melloras "permiten ampliar as actividades e desfrutar do local en calquera época do ano nas mellores condicións". A casa escola funciona como sede veciñal e centro sociocultural, sendo utilizada por máis de 200 veciños da contorna.

A entidade promotora recibiu 12.000 euros para obras e 5.000 euros para equipamento, que son as contías máximas previstas na convocatoria de subvencións do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións de veciños e de mulleres rurais e a  comunidades de usuarios de auga.

O delegado territorial engadiu que no conxunto da provincia de Lugo concedéronse este ano 33 axudas que suman un investimento de máis de 269.000 euros; sufragan gastos realizados en inmobles dos citados colectivos ou sobre os que teñan dereitos de uso, así como nas traídas de auga comunitarias.

Neste sentido, apuntou que o Goberno galego reforzará o orzamento deste programa o vindeiro ano nun 33%, asignando 4 millóns de euros á convocatoria para poder dar resposta á elevada demanda que vén rexistrando nos últimos anos. "A Xunta apoia o papel fundamental das organizacións veciñais, que melloran a calidade de vida local dinamizando a contorna e canalizando as demandas da cidadanía", afirmou.

Documentos descargables
  • No hay ficheros adjuntos

Histórico de cambios

Artículo publicado
14/11/2024
https://govclipping.com/search "" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. ¡Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Tanto la lista como todos los elementos guardados serán eliminados. ¡Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. ¡Error! Error al eliminar la lista. Vaciar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres vaciar esta lista? Todas las noticias que contiene esta lista serán desmarcadas. ¡Lista vaciada! La lista ha sido vaciada correctamente. ¡Error! Error al vaciar la lista. Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos.
615781 {"title":"A Xunta financia con 17.000 euros melloras na sede da asociación veciñal de San Pedro de Seixas, en Cospeito","published_date":"2024-11-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/133382-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"615781"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-11-14/615781-xunta-financia-17-000-euros-melloras-na-sede-da-asociacion-vecinal-san-pedro-seixas-cospeito https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.