A Xunta centralizará e coordinará o envío de profesionais e medios de emerxencias en apoio ás persoas afectadas pola Dana en Valencia

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta mañá nunha reunión por videoconferencia con representantes da Delegación do Goberno en Galicia, da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), das catro deputacións provinciais e de servizos operativos de emerxencias para facer reconto dos medios dispoñibles
  • Este primeiro envío realizarase entre mañá e o luns despois de que a Comunidade Valenciana fixese unha nova petición de medios esta madrugada
  • Todas as unidades requiridas e dispoñibles das distintas administracións xestionaranse a través do 112 Galicia

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e representantes da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático participaron esta mañá por videoconferencia nunha reunión con representantes da Delegación do Goberno en Galicia, da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e das catro deputacións provinciais, xunto con responsables de servizos provinciais e municipais de emerxencias de Galicia -consorcios provinciais contra incendios e salvamento, parques de bombeiros das cidades ou Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES)- para coordinar o envío de apoio ás persoas afectadas pola Dana en Valencia tras a petición de novos medios por parte da Comunidade Valenciana.

Así, a Xunta centralizará e coordinará o envío de profesionais e medios de emerxencias que se realicen desde Galicia e que sexan requiridos desde o Centro de Coordinación de Emerxencias da Generalitat valenciana. Realizarase a través do 112 Galicia para que as distintas administracións e organismos poidan comunicar os seus medios dispoñibles e estes datos trasladaranse á Comunidade Valenciana e ao Centro Nacional de Seguimiento e Coordinación de Emerxencias (CENEM).

Tras o encontro de hoxe estase a realizar un reconto dos medios demandados que irán destinados á limpeza das rúas que permitan restablecer a comunicación como está a demandar a Comunidade Valenciana nestes momentos para facilitar así a chegada dos servizos de emerxencias. Este primeiro envío está previsto que se faga de forma inmediata entre mañá e o luns.

No encontro de hoxe tamén participaron representantes da  Axencia Galega de Emerxencias (Axega) -incluíndo o Grupo de Apoio Loxístico da Axega (Gali)- da Policía Autonómica, do Grupo de Intervención en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) e doutras asociacións como as asociacións provinciais de voluntarios de Protección Civil, a Unidade Canina de Rescate Cans de Salvamento de Galicia (Casaga), IAE Rescue, Busca e Rescate Integral en Emerxencias de Galicia (Briegal) e Cruz Vermella.

Como lembrou o conselleiro de Presidencia, a Xunta enviou esta semana a Valencia o helicóptero Pesca I de Gardacostas de Galicia para participar nos operativos de busca e rescate de persoas en zonas afectadas pola Dana, e formou parte de dous dispositivos nos que non se localizou a ninguén.

Diego Calvo incidiu que a Xunta está a disposición da Comunidade Valenciana nos medios que demande para colaborar nas tarefas que os centros de mando da autonomía soliciten.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 02/11/2024
601441 {"title":"A Xunta centralizará e coordinará o envío de profesionais e medios de emerxencias en apoio ás persoas afectadas pola Dana en Valencia","published_date":"2024-11-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/130717-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"601441"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-11-02/601441-xunta-centralizara-e-coordinara-envio-profesionais-e-medios-emerxencias-apoio-as-persoas-afectadas-pola-dana-valencia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.