Mondoñedo acolle os días 8 e 9 de novembro a terceira edición do festival 'Breason' co apoio da Xunta
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O delegado territorial, Javier Arias, participou na presentación dos concertos e actividades paralelas xunto coa asociación xuvenil Xoldra, promotora da iniciativa
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Mondoñedo (Lugo), 31 de outubro de 2024
A asociación xuvenil Xoldra prepara para os días 8 e 9 de novembro en Mondoñedo a terceira edición do festival Breason, que conta un ano máis co apoio da Xunta.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación dos concertos e actividades paralelas. O sábado 9, xornada principal, a praza da Catedral acollerá as actuacións de Ortiga, De Ninghures, Cool Nenas, Terbutalina, Brassica Rapa e Meniñ@s da Mariña. Tamén contarán coa animación de La Duendeneta. Na xornada previa, o venres 8, actuará no mesmo espazo a banda de música Pascual Veiga da Escola Municipal de Música "O Pallarego".
O festival terá zona de acampada e unha programación variada que inclúe xogos populares, foliada, un magosto e obradoiros de artesanía en colaboración coa asociación "O Pasatempo" e "Artesanía dos Muíños". O público asistente poderá desfrutar dos concertos de balde.
Javier Arias felicitou á organización "polo seu acerto ao deseñar un festival para todos os públicos", que mostra "o potencial de Mondoñedo para acoller propostas lúdicas e culturais de todo tipo" e axuda a dinamizar o concello nesta época do ano.
Tamén gabou a aposta por "promocionar os grupos de música locais e galegos", en sintonía coas accións que impulsa a Xunta para difundir "o talento creativo que temos en Galicia en todos os campos".