O director xeral de Centros comproba as obras de eficiencia enerxética que a Xunta executa no instituto de Forcarei cun investimento de 365.000€
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
- Jesús Álvarez recorda que a Xunta inviste máis de 1,2M€ nos centros deste concello no marco do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica
Forcarei (Pontevedra), 24 de outubro de 2024
O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, visitou hoxe o instituto IES Chano Piñeiro, en Forcarei, onde comprobou o desenvolvemento das obras de mellora da fachada e da cuberta que está executando a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP neste centro cun orzamento de 365.000€. Esta intervención engádese á substitución das ventás dos aularios, xa rematada, por un importe de arredor de 80.000 euros.
O representante da Xunta enmarcou estas obras no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta para renovar as instalacións dos centros educativos galegos e mellorar a súa eficiencia enerxética, co conseguinte repercusión positiva no día a día dos usuarios dos centros.
Destacou, ademais, que o Goberno galego investiu máis de 1,2M€ nos centros educativos de Forcarei no marco deste plan, con actuacións como esta no instituto ou as melloras realizadas na fachada, cuberta e carpinterías dos colexios CEIP Nosa Señora das Dores e CEIP de Soutelo de Montes.