A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra continúan en Vigo as reunións co sector cultural para enriquecer o Plan de usos do Teatro Cine Fraga

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Imagen del artículo A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra continúan en Vigo as reunións co sector cultural para enriquecer o Plan de usos do Teatro Cine Fraga

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Representantes do Goberno galego e da institución provincial escoitaron de primeira man ideas de representantes das artes escénicas, da música e do audiovisual
  • O director xeral de Cultura salienta que se busca facer partícipe á cidadanía da folla de ruta para facer deste espazo un referente cultural para Galicia e norte de España
  • Segue aberta ata finais deste mes de outubro a caixa de correo virtual, que xa ten recibido máis de 200 proxectos de entidades e veciñanza da cidade e da contorna
  • Estas iniciativas forman parte da campaña 'O mellor espazo busca o mellor contido' que se activou a finais de agosto cunha boa acollida e alto interese en involucrarse

Vigo, 24 de outubro de 2024

A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra reuniron a tarde de hoxe na sede da delegación territorial do Goberno galego en Vigo a representantes das artes escénicas, da musica e do audiovisual, dentro da liña de traballo aberta para a recollida de propostas e suxestións que permitan enriquecer o Plan de usos do Teatro Cine Fraga de Vigo.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sanchez, escoitaron de primeira man as ideas e iniciativas para este edificio emblemático da cidade olívica de personalidades como o creador Antón Reixa, os músico Amaro Ferreiro, Teo Cardalda, María Monsonís, a asociación cultural Évame Oroza, a representantes da Federación Galega de Teatro Afeccionado ou da Sala Ártika, entre outros membros e colectivos do sector escénico, musical e audiovisual de Vigo e da comarca.

As súas achegas súmanse ás que se recibiron na reunión da semana pasada con colectivos e entidades de música de base xunto coa que se recolleron a mediados de setembro no primeiro encontro aberto á cidadanía. Nesta primeira xuntanza participaron un cento de persoas e entidades que aportaron valiosas achegas para enriquecer o deseño do chamado a ser un centro cultural pioneiro e referente na Comunidade galega e no noroeste peninsular.

"Continuamos a facer, e dun xeito intenso, unha escoita activa, próxima e transversal", explicou o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, con respecto ao papel que están a desenvolver ambas as dúas administracións. Neste senso, incidiu no agradecemento polo "alto interese, xenerosidade e compromiso" que durante todo este tempo se está a "recibir e percibir" proveniente de parte de particulares e colectivos do sector cultural de Vigo e da contorna. "Emociona a alta implicación en darlle unha nova vida a este valioso espazo, tanto para a cidade como para toda a comunidade", valorou.

Caixa de correo virtual aberta ata finais de outubro

Precisamente, Anxo M. Lorenzo atribuíu o interese que ten espertado a "recuperación e incorporación a unha activa vida cultural" do Teatro Cine Fraga á decisión de ter ampliado un mes máis a caixa de correo virtual, posta en marcha a finais de agosto, que tamén ten como obxecto recoller en liña propostas, suxestións e ideas de cara ao deseño do futuro Plan de usos.

Ao respecto, o director xeral de Cultura salientou "a boa acollida" desta iniciativa, que forma parta da campaña O mellor espazo busca o mellor contido, xa que destacou que se teñen recibido máis de 200 propostas. En todo caso, animou a particulares e entidades a seguir participando tamén por esta vía virtual co envío de propostas e proxectos a propostas@teatrofraga.gal.

https://govclipping.com/search "" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. ¡Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Tanto la lista como todos los elementos guardados serán eliminados. ¡Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. ¡Error! Error al eliminar la lista. Vaciar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres vaciar esta lista? Todas las noticias que contiene esta lista serán desmarcadas. ¡Lista vaciada! La lista ha sido vaciada correctamente. ¡Error! Error al vaciar la lista. Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos.
592958 {"title":"A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra continúan en Vigo as reunións co sector cultural para enriquecer o Plan de usos do Teatro Cine Fraga","published_date":"2024-10-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/128882-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"592958"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-10-24/592958-xunta-galicia-e-deputacion-pontevedra-continuan-vigo-as-reunions-co-sector-cultural-enriquecer-plan-usos-do-teatro-cine-fraga https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.