Fabiola García aplaude o labor de apoio e asesoramento que fai a Liga Reumatolóxica Galega
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2024
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, destacou o traballo de soporte e asesoramento que realiza a Liga Reumatolóxica Galega, que leva preto de 30 anos apoiando aos doentes de enfermidades reumáticas e aos seus familiares. Así o fixo tras recibir esta semana a membros da directiva desta entidade, que lle expuxeron os programas e actividades que están a desenvolver.
Fabiola García fixo fincapé na importancia que ten o tecido asociativo para achegar recursos e coidados a todas aquelas persoas que o necesitan, en especial cando padecen algunha enfermidade ou son especialmente vulnerables, como é caso das persoas maiores que viven soas.
- Etiquetas:
- C. de Política Social e Igualdade