A Xunta colabora con máis dun cento de entidades no fomento de actividades de voluntariado
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destina preto de 135.000€ a difundir a importancia da participación solidaria
- Desde o ano 2019, o Goberno galego contribuíu con preto de 750 entidades con 940.000€
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2024
A Xunta de Galicia Colaborará con máis dun cento de entidades privadas na realización de actividades de voluntariado nas catro provincias galegas. Así se recolle na resolución publicada hoxe polo Diario Oficial de Galicia mediante a cal a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destina 135.000€ para accións de sensibilización, formación e coordinación nesta materia.
Trátase dunha liña de colaboración posta en marcha polo Goberno galego en 2019 e coa que, desde entón se contribuíu coa actividade de preto de 750 entidades de acción voluntaria de carácter privado con máis de 940.000€ euros.
Incluídas nesta resolución
As entidades levarán a cabo accións de sensibilización co obxecto de difundir entre toda a sociedade galega a importancia e o valor da participación solidaria e voluntaria. Búscase así fomentar o voluntariado a través de actividades como xornadas, seminarios, charlas e actividades dirixidas a coñecer esta realidade, así como promocionar e captar voluntariado.
Tamén se valora que leven a cabo propostas que fomenten o traballo na rede o que busquen a modernización e adaptación destas entidades á realidade social a través de liñas como a formación de persoas responsables e das voluntarias, o fomento e a incorporación de novas tecnoloxías dentro das organizacións a través do deseño e mantemento das páxinas web.
- Etiquetas:
- C. de Cultura, Lingua e Xuventude