López Campos asegura que a Xunta mantén o apoio á creación do Museo da Romanización de Galicia en Lugo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Lembra que esta colaboración está pendente de que o Concello lucense consiga financiamento europeo ou estatal para reconverter o antigo cuartel de San Fernando
  • Salienta os "esforzos e compromiso" do Goberno galego coa capital luguesa, na que anunciou que se investirá uns 7 millóns de euros nos vindeiros anos
Imagen del artículo López Campos asegura que a Xunta mantén o apoio á creación do Museo da Romanización de Galicia en Lugo
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asegurou hoxe que a Xunta mantén o seu apoio á creación do Museo da Romanización de Galicia no antigo cuartel de San Fernando, un Ben de Interese Cultural do século XVI, situado na capital lucense. Así o garantiu en resposta a unha pregunta no Pleno do Parlamento, na que lembrou que o Goberno galego "só está á espera" de que o Concello de Lugo consiga financiamento europeo ou estatal para completar esta achega, "tal e como se comprometeu o Executivo local hai agora un ano", lembrou.

"A Xunta de Galicia quere colaborar co Museo da Romanización", aseverou López Campos na súa intervención parlamentaria, onde lembrou que, no pasado mes de xullo, o presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, xa confirmou que a Administración autonómica estaba disposta a colaborar neste proxecto.

No entanto, o conselleiro insistiu en que para esta implicación da Xunta, o Concello de Lugo debe cumprir coa "palabra dada" en outubro do pasado ano ao propio mandatario galego nunha reunión entre ambas as dúas Administracións. Daquela, o Goberno local comprometeuse a conseguir financiamento de fondos, ben europeos ou do Goberno central, co obxecto de que a Xunta completase ca súa achega a partida que será necesaria para reconverter o antigo cuartel de San Fernando en Museo da Romanización de Galicia.

"Polo tanto, xa hai un acordo enriba da mesa", remarcou o responsable de Cultura do Goberno galego, quen incidiu na necesidade de que para a incorporación da Xunta ao proxecto de rehabilitación e reconversión en Museo da Romanización de Galicia "só queda que o Concello de Lugo cumpra coa súa parte".

Compromiso da Xunta con Lugo

En todo caso, López Campos salientou os esforzos e compromiso do Goberno galego coa cidade de Lugo no seu conxunto. A este respecto, destacou os máis de 360.000€ destinados a accións de preservación e conservación da muralla romana ou os 460.000€ que se acaban de licitar recentemente para obras de restauración na catedral.

Ademais, adiantou que nos vindeiros anos a Xunta investirá 7 M€ en actuacións e proxectos na cidade, "moitos destes investimentos provenientes só da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude", precisou para concluír a súa intervención.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 23/10/2024
591473 {"title":"López Campos asegura que a Xunta mantén o apoio á creación do Museo da Romanización de Galicia en Lugo","published_date":"2024-10-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"591473"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-10-23/591473-lopez-campos-asegura-xunta-manten-apoio-creacion-do-museo-da-romanizacion-galicia-lugo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.