Medio Rural promoverá unha xuntanza do grupo de expertos comunitarios en clasificacións de canais para afondar na formación de profesionais no sector
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Así o indicou hoxe o director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, na inauguración dun curso específico para este eido nas instalacións de Novafrigsa, no concello de Lugo
- Esta formación forma parte das actividades formativas de especial interese, xa que aborda unha ferramenta básica para favorecer a normalización e transparencia das transaccións relacionadas coa carne de vacún no mercado europeo
- O curso inaugurado está financiado pola Xunta, xa que se trata dunha acción para formar a profesionais que aportarán un valor á cadea alimentaria, contribuíndo á súa transparencia

Lugo, 22 de outubro de 2024
O director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, asistiu hoxe á inauguración do curso de clasificación de canais de vacún, celebrado nas instalacións de Novafrigsa, no concello de Lugo. Durante a súa intervención no acto, anunciou que, aproveitando que Galicia conta cun experto europeo na materia, desde a Consellería do Medio Rural estase a traballar para promover unha xuntanza do Grupo de Expertos Comunitarios en Clasificación de Canais e desenvolvela na provincia de Lugo.
Ademais, na inauguración deste curso destacou a importancia destas accións formativas, de vital importancia para o sector primario galego, xa que o sistema de clasificación de canais é unha ferramenta básica para favorecer a normalización e transparencia das transaccións relacionadas coa carne de vacún no mercado europeo, dado que se trata dun sistema homoxéneo para fixar os prezos en función das diferentes características da peza. A maiores, as persoas aspirantes a ser clasificadoras deberán superar este curso para poder inscribirse no rexistro nacional dedicado a este concepto.
Tal e como sinalou o director xeral, esta formación está financiada pola Consellería do Medio Rural, xa que é un curso para profesionais que aportará un valor á cadea alimentaria galega, contribuíndo á transparencia do sector cárnico, polo que se lle ofrece de xeito gratuíto ás persoas interesadas, a diferenza do que acontece noutras comunidades autónomas.
Este tipo de actividades están dirixidas a profesionais do sector, como veterinarios, persoal de matadoiros ou certificadores, que están obrigados a repetir o curso periodicamente co fin de manter o criterio de clasificación de maneira homoxénea entre todo o sistema de matadoiros da Unión Europea.