Alfonso Villares aborda co responsable do porto bretón de Lorient novas vías de colaboración no ámbito pesqueiro e marítimo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
- O titular de Mar sitúa este encontro como un paso máis do Goberno galego na súa alianza coa Bretaña francesa no impulso de accións comúns vinculadas ao fortalecemento do sector da pesca e da Economía Azul
Vigo, 2 de outubro de 2024
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, continúa desenvolvendo unha intensa axenda de contactos internacionais no marco excepcional da Feira Internacional de Conxemar que se está celebrando nestes días en Vigo. Así, acompañado polo presidente de Autoridade Portuaria de Vigo (APV), Carlos Botana, e polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, mantivo un encontro co presidente do porto bretón de Lorient, Oliver Le Nézet, para abordar novas vías de colaboración no ámbito pesqueiro e marítimo.
O responsable autonómico puxo en valor a colaboración de Galicia con outras rexións francesas e europeas co obxectivo de actuar como aliadas no ámbito comunitario na defensa dos intereses da frota galega ante Bruxelas dentro da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM). Así, recordou a visita o pasado ano con motivo da 51ª Asamblea Xeral deste organismo á cidade bretoa de Saint- Malo na que, ademais, puido coñecer un obradoiro da rede de integración profesional xestionado pola asociación Pass´Emploi dentro dos proxectos de La Panier de la Mer.
O titular de Mar sitúa este encontro como un paso máis do Goberno galego no camiño de afondar na colaboración entre ambas rexións pesqueiras no impulso de accións vinculadas ao fortalecemento do sector da pesca e da Economía Azul establecendo novas sinerxías que permitan avanzar cara obxectivos comúns. Ademais, explicou que o porto pesqueiro de Lorient é un dos máis importantes de Francia, principal punto de descarga de especies como o langostino, maruca, carboeiro, sardiña, rape e pescada, entre outros.
Traballo conxunto
Por outra banda, a Autoridade Portuaria de Vigo continúa avanzando no protocolo asinado fai un ano e en seguir procurando mecanismos de colaboración no intercambio de peixe e na seguridade xurídica dos barcos dos armadores de Vigo que faenan en augas francesas. En novembro, o Porto de Vigo e a Xunta visitarán a Bretaña cunha delegación galega para pechar os vínculos establecidos. O acordo está funcionando de xeito satisfactorio para ambos portos, sen embargo, o obxectivo é seguir progresando dentro do Plan de Acción da Pesca do Porto de Vigo.