Galicia sitúase á vangarda no desenvolvemento da carreira profesional do persoal de xustiza fronte á inactividade do Goberno central

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • José Tronchoni lamentou que o Ministerio de Xustiza siga sen negociar nin regular na materia
  • Ademais, a comunidade galega é a única que establece un complemento destinado a retribuír a progresión alcanzada polas persoas funcionarias, ao que destina 6M€

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2024

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, interveu hoxe no Parlamento de Galicia para abordar o resultado dos acordos coas organizacións sindicais sobre as condicións de traballo do persoal funcionario da Administración de Xustiza. Na comparecencia, José Tronchoni situou Galicia á vangarda no desenvolvemento da carreira profesional para estes empregados públicos fronte á inactividade do Goberno central, que segue sen negociar nin regular na materia.

Así, ante a falta da regulación estatal da carreira profesional por Real Decreto, a Xunta chegou a un acordo coas forzas sindicais representadas na mesa sectorial de Xustiza para o desenvolvemento do sistema transitorio de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia. Froito deste pacto realizáronse xa convocatorias dos graos I e II da traxectoria profesional e estase a traballar no chamamento do grao III, así como no futuro desenvolvemento da traxectoria profesional con carácter ordinario.

Segundo sinalou o director xeral, Galicia é a única comunidade que establece un complemento de carreira profesional destinado a retribuír a progresión alcanzada pola persoa funcionaria dentro do sistema de carreira horizontal para os letrados da Administración de Xustiza e para o resto do funcionariado. Faise en aplicación da reforma da Lei de Ordenación do Poder Xudicial, realizada en 2018 e que o Ministerio segue sen cumprir.

Ante esta falta de avances no Estado, "en Galicia configúrase un sistema transitorio que permita retribuír o persoal ao servizo da Administración de Xustiza en condicións similares ás dos empregados públicos da Xunta", apuntou. O Goberno galego destina a esta medida a contía de seis millóns de euros, que medrará en 2025 coa nova convocatoria do grao III.

Avances en todas as materias acordadas

José Tronchoni referiuse tamén aos avances noutros dos acordos alcanzados na negociación coas forzas sindicais para a mellora das condicións laborais, como o incremento retributivo de determinación autonómica, que fai que o persoal de Xustiza en Galicia teña unha retribución superior á media nacional; a ampliación dos supostos de incapacidade temporal transitoria nos que se percibe o 100% das retribucións; ou á articulación dunha compensación económica que retribúa a diferenza do soldo do persoa que realice a substitución nun corpo superior.

A estes súmanse a consolidación de prazas de reforzo de máis de tres anos de duración; a creación dun cento de prazas no marco do plan de modificación dos cadros de persoal aprobados no ano 2012; as melloras nos xulgados con competencias en materia de violencia sobre a muller, cun complemento retributivo e aumento do cadro de persoal; e a ampliación dos permisos de maternidade e paternidade, entre outros acordos cumpridos. O obxectivo é seguir a avanzar no desenvolvemento da traxectoria profesional, co compromiso firme da Xunta de Galicia con este persoal.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos.
526920 {"title":"Galicia sitúase á vangarda no desenvolvemento da carreira profesional do persoal de xustiza fronte á inactividade do Goberno central","published_date":"2024-10-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/119292-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"526920"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-10-02/526920-galicia-situase-vangarda-desenvolvemento-da-carreira-profesional-do-persoal-xustiza-fronte-inactividade-do-goberno-central https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.