A Xunta licita por 3,3 M€ o subministro de equipamento electromédico con destino aos centros de atención primaria do Servizo Galego de Saúde
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
- Adquirirase equipamento de uso rutineiro que é preciso renovar ou ampliar e novos equipos que permitirán incrementar a capacidade resolutiva da atención primaria
- Entre o equipamento que se adquirirá atópanse Oto-oftalmoscopios de parede, tonómetros manuais, dermatoscopios, holters de presión arterial, esfigmomanómetro dixitais e equipos de diatermia
- As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen ata o vindeiro 4 de novembro para trasladar as súas ofertas
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2024
A Xunta publica hoxe no Portal de Contratos Públicos de Galicia a licitación, por importe de 3.393.445 euros, do contrato de subministro sucesivo de equipamento electromédico con destino aos centros de atención primaria do Servizo Galego de Saúde.
Distribuído en 6 lotes, o Servizo Galego de Saúde renovará con este contrato diverso equipamento médico, tensiómetros e aparatos de dermatoloxía. En concreto, adquirirá Oto-oftalmoscopios de parede, tonómetros manuais, dermatoscopios, holters de presión arterial, esfigmomanómetro dixitais e equipos de diatermia.
Deste xeito, por un lado adquirirase equipamento de uso rutineiro que é preciso renovar, ben sexa por obsolescencia ou por ampliar o número de unidades e, pola outra, adquiriranse novidosos equipos para este nivel asistencial, como é o caso dos equipos de diatermia, o que permitirá incrementar a capacidade resolutiva da atención primaria galega.
Este contrato forma parte do Marco Estratéxico de Atención Primaria, financiado polo Ministerio de Sanidade, cuxo obxectivo é mellorar ás infraestruturas e recursos dos centros de atención primaria.
As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen ata o vindeiro 4 de novembro para trasladar as súas ofertas.