Belén do Campo destaca o labor de Adaceco na atención a persoas con dano cerebral adquirido
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
- A delegada salientou que este novo edificio súmase ao magnífico labor que fai a entidade para mellorar a calidade de vida das persoas con esta doenza
A Coruña, 2 de outubro de 2024
A delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiu ao acto de colocación da primeira pedra do novo Centro Integral de Rehabilitación da Asociación de Dano Cerebral Adquirido da Coruña (Adaceco).
Belén do Campo destacou que "este centro de día non será simplemente un edificio, será un centro de referencia para a atención de persoas con dano cerebral adquirido na Coruña e os seus arredores" e subliñou que a cidade contará "cun novo centro de día moderno, accesible e equipado coas ferramentas máis avanzadas e cos mellores profesionais que facilitan a rehabilitación e o benestar dos seus usuarios".
A delegada lembrou que Adaceco leva moitos anos acompañando ás persoas con dano cerebral adquirido e ás súas familias, demostrando que o seu traballo é imprescindible.
Belén do Campo informou das distintas liñas de colaboración da Xunta con esta entidade, como son as axudas para a rehabilitación fisioterapéutica da Consellería de Sanidade, os apoios a través do financiamento de prazas concertadas da Consellería de Política Social e Igualdade que tamén subvenciona os diferentes programas de benestar e mobilidade xestionados pola Federación Galega de Dano Cerebral. O Goberno galego tamén apoia a Adaceco a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, coa contratación de persoas desempregadas para a realización de servizos nesta asociación.
A delegada fixo fincapé no compromiso de seguir mantendo a estreita colaboración do Executivo autonómico entidades sociais coma esta para poñer á disposición das persoas que máis o necesitan e das súas familias máis servizos, máis facilidades e máis coidados coa maior axilidade posible.