Galicia rexistra a cifra de paro máis baixa nun mes de setembro en toda a serie histórica, sendo a 3ª CCAA con mellores datos na comparativa interanual
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
- Con 1.085.846 persoas afiliadas a comunidade galega rexistra o valor máis alto dun mes de setembro desde o ano 2008
- A cifra de persoas desempregadas é de 120.992 e en termos anuais baixa nun 7,39% e supera en 1,98 puntos a baixa do paro do Estado sendo a terceira comunidade na que máis se reduce
- O paro diminuíu na evolución anual nas catro provincias e sete grandes cidades galegas, en todos os sectores de actividade e entre as mulleres, os menores de 30 anos e os parados de longa duración
- José González puxo en valor as medidas impulsadas pola Xunta para seguir avanzando no emprego de calidade, como a aposta pola flexibilización da formación, o impulso das microformacións ou a modernización do Servizo Público de Emprego
Ourense, 3 de setembro de 2024
O mercado laboral de Galicia continúa na súa senda de crecemento e acada, con 120.992 persoas, a cifra de paro máis baixa nun mes de setembro de toda a serie histórica (desde 1996). Ademais, a comunidade galega rexistra 1.085.846 persoas afiliadas, a cifra máis alta nun mes de setembro desde o ano 2008 e que aumenta en 14734 persoas en relación co mesmo mes do ano pasado.
Así o indicou hoxe o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, na valoración realizada en relación cos datos de paro rexistrado e de afiliacións, na que subliñou que setembro é un mes no que adoita subir o paro debido á finalización de moitos contratos temporais, como acontece tamén ese ano na evolución mensual, cunha lixeira suba do 1,95%.
O titular de Emprego insistiu en valorar as cifras desde o punto de vista da súa evolución. En termos anuais, o desemprego en Galicia baixa nun 7,39%, e, segundo sinalou, en relación co conxunto de España e con setembro de 2023, diminúe a un ritmo maior, superando a baixada do Estado en 1,98 puntos. A isto engadiu que Galicia é a terceira comunidade que acada unha maior redución de paro rexistrado no último ano en termos relativos.
Nesta evolución anual, tamén cae o paro nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade e tamén en colectivos prioritarios nas políticas activas de emprego da Xunta como as mulleres, os menores de 30 anos e os parados de longa duración.
Tamén na comparativa anual, por sectores, liderou a baixada o primario (-12,63%) seguido da construción (-11,85%). En canto aos colectivos prioritarios, diminuíu o paro nas mulleres (-7,45%), entre os menores de 30 anos (-7,12%) e nos parados de longa duración (-7%). Ademais, as cifras de mulleres desempregadas, con 71.538, e de desempregados xuvenís, con 13.792, son as máis baixas nun mes de setembro desde que hai rexistros (2005). A de parados de longa duración, de 61.647, é a cifra máis baixa dun mes de setembro dos últimos 16 anos.
José González tamén salientou a subida no número de contratacións respecto do mes pasado, cun incremento de máis do 14%. Neste senso, puxo en valor o aumento dos contratos indefinidos en máis dun 40%.
Máis e mellor emprego de calidade
O conselleiro subliñou que a Xunta de Galicia, da man do tecido produtivo, continúa a impulsar medidas estratéxicas que seguir xerando máis e mellor emprego de calidade, á vez que se da resposta a grandes retos do mercado laboral, como o da cobertura das vacantes existentes.
Neste senso, aludiu á ferramenta de intelixencia artificial EMi, implantada nas 54 oficinas de emprego de Galicia co obxectivo de casar de xeito máis efectivo a oferta e a demanda laboral. E lembrou que están abertas ata o 24 de outubro dúas ordes de axudas para que os concellos e as entidades sen ánimo de lucro contraten axentes de emprego. O orzamento total destinado a ambas é de 3,4 millóns de euros para apoiar a contratación ou prórroga da contratación da Rede de Técnicos de Emprego de Galicia.
Tamén fixo fincapé na aposta pola flexibilización da formación para o emprego e o impulso das microformacións como unha ferramenta clave para gañar axilidade e inmediatez na capacitación das persoas desempregadas e na reciclaxe das ocupadas co fin de que encaixen nos perfís que requiren as empresas.
No ámbito do emprendemento, o Goberno galego segue despregando a Rede de polos que conta con 14 oficinas, coa previsión de ampliarse ata 15 proximamente. As medidas que desenvolve a Xunta neste ámbito levaron a que Europa recoñecese a Galicia como Rexión Emprendedora Europea 2025.