Medio Rural destaca a importancia de adaptar a silvicultura aos efectos do cambio climático para unha mellor xestión forestal
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
- O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, inaugurou hoxe a V Reunión Plenaria Rede Española de Silvicultura Adaptativa ao Cambio Climático, celebrada na sede da Misión Biolóxica de Galicia en Pontevedra
- A Consellería participou nun relatorio sobre as agrupacións forestais de xestión conxunta como ferramenta para optimizar o aproveitamento dos terreos forestais
Pontevedra, 2 de outubro de 2024
O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, José Luis Chan, participou hoxe na inauguración da V Reunión Plenaria Rede Española de Silvicultura Adaptativa ao Cambio Climático, celebrada no Pazo de Salceda, en Pontevedra, que acolle a sede da Misión Biolóxica de Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Chan resaltou a importancia de adaptar a silvicultura aos efectos do cambio climático para así favorecer unha mellor xestión forestal, especialmente na organización e estrutura dos ecosistemas forestais.
Ademais, tamén puxo en valor o Plan Forestal de Galicia 2021-2040 Cara a neutralidade carbónica que se está a desenvolver e, no marco do mesmo, potenciouse a elaboración da Estratexia para o fomento da xestión activa das masas de frondosas, xa publicada. Segundo sinalou o director xeral, entre as súas liñas de traballo faise fincapé na mellora destas masas a través da silvicultura, cuestión que se analizou na reunión.
Ao longo da xornada tamén se levaron a cabo unha serie de relatorios nos que se trataron diversos temas. Por parte da Consellería do Medio Rural, puxéronse como exemplo as agrupacións forestais de xestión conxunta como ferramenta para a silvicultura adaptativa, ferramentas que permiten mellorar o seu aproveitamento.
Aposta polas agrupacións forestais de xestión conxunta
De feito, onte mesmo publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución de axudas para a creación destas entidades, cun investimento superior aos 775.000 euros, o que permitirá crear 20 novas asociacións e chegar ata un total de 44. Cómpre destacar que en menos dun ano vanse duplicar o número destas agrupacións forestais.
Polo tanto, o Rexistro Administrativo de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta vai contar con 1.795 socios para xestionar conxuntamente 14.942 parcelas, cunha superficie total de 4.811,19 hectáreas, co fin de obter unha mellora na eficiencia e sustentabilidade da xestión forestal.
Rede de intercambio
A Rede de Silvicultura Adaptativa ao Cambio Climático naceu a finais do ano 2019 como consecuencia de homoxeneizar toda a información científico-técnica dispoñible en España e servir como punto de encontro entre os diferentes actores implicados na correcta xestión dos bosques. Forman parte desta rede diferentes universidades españolas e tamén gobernos autonómicos como a Xunta de Galicia.