A Xunta pon de relevo a aposta das novas xeracións da artesanía galega pola adaptación ás novas tendencias para abrir novos nichos de mercado

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • José González puxo o obradoiro situado na Ribeira Sacra como exemplo de innovación e de remuda xeracional no marco deste sector tan importante para a nosa terra, ao ter avogado o fillo do matrimonio fundador por un novo concepto empresarial
  • Así, destacou que o que hai case medio século se creou como taller de decoración de porcelana hoxe sexa un obradoiro de cerámica que aglutina o proceso completo de elaboración das pezas, combinando a tradición cun deseño actual e moderno
  • O titular de Emprego aproveitou para facer alusión ao programa pioneiro da Xunta Aprender da tradición. Oficios e técnicas, que xusto dá inicio hoxe ao primeiro de seis novos cursos para seguir apostando por novas caras á fronte da nosa artesanía

Nogueira de Ramuín (Ourense), 2 de outubro de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou hoxe no concello ourensán de Nogueira de Ramuín  as instalacións de Barreiros Artesanía, un obradoiro que -segundo dixo- non só destaca por ser un dos máis de 800 rexistrados en Artesanía de Galicia, senón tamén por ser un perfecto exemplo de innovación e de remuda xeracional no marco deste sector tan importante para a nosa terra.

En compañía tamén do alcalde de Nogueira de Ramuín, Julio Temes, o conselleiro puxo en valor o novo concepto empresarial promovido por Miguel Ángel Monzoncillo -fillo do matrimonio fundador- que permitiu que case medio século despois da súa creación o que naceu como taller de decoración de porcelana sexa hoxe un obradoiro de cerámica con pezas recoñecidas por combinar os valores tradicionais cun estilo actual e moderno.

Así, salientou, apóstase por un produto 100% galego desde a Ribeira Sacra, abordando desde o deseño á elaboración da porcelana e incorporando as novas tecnoloxías para erixirse como un dos obradoiros mellor equipados, sen deixar de lado as raíces, a idiosincrasia do rural e a aposta pola sustentabilidade.

Remuda xeracional

O titular de Emprego referiuse á estratexia integral para a promoción da artesanía coa que a Xunta avoga pola innovación e pola adaptación a novas tendencias, con ferramentas como o programa pioneiro -único en España- para garantir a remuda xeracional Aprender da tradición. Oficios e técnicas. González sinalou que xusto dá inicio hoxe o primeiro de seis novos cursos para seguir apostando por novas caras á fronte da nosa artesanía. En concreto trátase dun de sombreirería, mentres mañá arrancan dous -en quendas diferentes- sobre xastrería. No que queda de mes e en novembro tamén haberá formacións sobre olería de Buño, ourivería e forxa.

Tras o impulso desta iniciativa en novembro de 2023, o conselleiro resaltou que máis dun cento de persoas levan participado nas distintas accións de formación continua organizadas para conservar e renovar técnicas e oficios tradicionais. Todo para captar novos talentos que aseguren o futuro da artesanía galega, conseguindo -de feito- máis dunha incorporación ao mercado laboral.

Tamén destacou o programa pioneiro Novos presentes e futuros, que vén de consolidar o seu atractivo a nivel internacional xa confirmado na primeira edición de 2023 pola súa aposta a prol da innovación no sector artesanal galego tomando como base os oficios tradicionais, os recursos locais, os novos materiais e a contorna rural. En concreto, con participantes de Galicia, Asturias, Cantabria, Madrid, Portugal, Reino Unido, Holanda e Costa de Marfil que debateron, intercambiaron experiencias ou experimentaron nunhas xornadas e nun obradoiro celebrados en Chantada o pasado mes de setembro.

Proba da relevancia deste sector que cómpre manter, engadiu José González, é tamén que os artesáns e artesás son uns dos principais consultados no marco do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030 que está a elaborar a Xunta, coa idea de telo listo no primeiro trimestre do ano que vén.   

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos.
526795 {"title":"A Xunta pon de relevo a aposta das novas xeracións da artesanía galega pola adaptación ás novas tendencias para abrir novos nichos de mercado","published_date":"2024-10-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/120673-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"526795"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-10-02/526795-xunta-pon-relevo-aposta-das-novas-xeracions-da-artesania-galega-pola-adaptacion-as-novas-tendencias-abrir-novos-nichos-mercado https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.