A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia comeza mañá un novo ciclo formativo sobre ciberseguridade na rede CeMIT
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
- Serán un total de 23 sesións dirixidas á cidadanía, que se celebrarán en aulas CeMIT das catro provincias ata o mes de decembro
- O obxectivo desta formación é sensibilizar sobre aspectos chave no uso seguro da tecnoloxía como a protección de credenciais ou a seguridade nos dispositivos
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2024
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia inicia mañá en Ortigueira as segundas xornadas formativas en materia de ciberseguridade previstas para este ano, que se celebrarán ata o mes de decembro en 23 aulas da Rede de Aulas CeMIT.
O programa, que leva por título "Ciberseguridade, os teus primeiros pasos", ten como obxectivo sensibilizar á cidadanía e, especialmente, ao colectivo de persoas maiores sobre importancia de aspectos como protección de credenciais, navegación segura, seguridade nos dispositivos e, en definitiva, no uso da tecnoloxía no día a día.
Estas sesións, para as que está aberta a inscrición, celebraranse de xeito presencial en 23 aulas da Rede CeMIT en horarios de mañá ou tarde. Nelas abordaranse de xeito práctico e diferentes temáticas como o uso das redes sociais, a pegada dixital, a desinformación (bulos e noticias falsas) ou protección fronte a ciberataques, entre outras. Todas as sesións terán unha duración de 1,5 horas.
Inscricións
As persoas interesadas en seguir calquera das actividades pode facer a súa inscrición a través da web de CeMIT ou poñéndose en contacto coa aula que lle resulte de máis interese entre as seguintes: Ortigueira, Leiro, Catoira, A Cañiza, Betanzos, Pontevedra, Sada, Cuntis, Vimianzo, Celanova, O Barco de Valdeorras, Ribeira, Carballo, Barreiros, Monforte, Riotorto, Fisterra, O Vicedo, Ponteareas, A Coruña-Eirís, Vilagarcía e Guitiriz.