Xosé Merelles destaca a oportunidade de Galicia no astroturismo, que se está a converter en tendencia mundial
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
- O director de Turismo de Galicia participou na inauguración da II Conferencia Internacional Starlight que reúne a responsables dos destinos nacionais e internacionais
Cee (A Coruña), 2 de outubro de 2024
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou esta mañá na inauguración da II Conferencia Internacional Starlight de Astroturismo e VI Encontro Starlight que estes días se está a celebrar en Cee onde puxo en valor "as condición máis que óptimas" que reúne Galicia para o astroturismo, un produto turístico "tendencia mundial" que se entronca cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e cos valores da marca Galicia.
Durante a súa intervención, Xosé Merelles felicitou á organización por elixir a Comunidade galega como sede desta II Conferencia que non só coincide cos eixos da Xunta de Galicia en materia turística, ao ratificar e comprometerse coa "promoción de Galicia como sede de eventos de transcendencia e alcance internacional", senón que tamén ten a súa transcendencia na medida en que divulga e proxecta a comunidade galega como destino Starlight.
Ademais, lembrou que desde Turismo de Galicia se traballa na creación e consolidación de diferentes produtos turísticos cabeceira de marca, como poden ser faros, praias salvaxes, patrimonio oculto, santuarios máxicos, bosques de Galicia e "outras rutas, itinerarios, xornadas e actividades que divulgan os valores máis competitivos e diferenciadores desta terra".
Recordou tamén que se enmarca na nova Estratexia de Turismo de Galicia 2030 no eido das actividades sostibles e da concienciación ambiental. Xosé Merelles agradeceu tamén a implicación e o soporte que proporciona a Fundación Starlight a nivel nacional e internacional.
Destinos galegos Starlight
"Galicia foi quen de escoitar todo isto", afirmou referíndose ao traballo desenvolvido por entidades coma a Fundación Starlight e tamén ao interese suscitado polo público e visitantes ao redor deste atractivo. Así, salientou que "contamos con sete Destinos Turísticos Starlight: Trevinca, o Parque Nacional das Illas Atlánticas, a Costa da Morte, Lalín, Muras, a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e os Ancares". A isto hai que engadir tamén a certificación de aloxamentos, empresas, campamentos Starlight, "o que debuxa todo un mapa Starlight galego", subliñou.
Este atractivos, servizos e oportunidades fan que Galicia conte con máis do 17% dos destinos Starlight en todo o territorio nacional e con máis do 18% dos municipios Starlight certificados en España. "Somos a terceira Comunidade Autónoma co maior número de destinos e municipios Starlight certificados por detrás de Castela A Mancha e Illas Canarias", afirmou.