Fabiola García participa nunha saída de ocio saudable coas persoas maiores da residencia Torrente Ballester da Xunta na coruña
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
- Destaca as vantaxes deste tipo de propostas que favorecen o envellecemento activo e permiten aos residentes romper coas rutinas, compartir experiencias e facer un pouco de deporte ao aire libre
A Coruña, 5 de setembro de 2024
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, participou esta mañá en dúas actividades novidosas coas persoas maiores da residencia pública autonómica Torrente Ballester: unha marcha nórdica e un paseo en triciclo eléctrico, chamado Tuk-Tuk. O obxectivo destas propostas de ocio saudable é favorecer o envellecemento activo.
Fabiola García destacou as vantaxes deste tipo de actividades que permiten aos residentes romper coas rutinas, compartir experiencias e facer un pouco de deporte desfrutando dun paseo ao aire libre. Neste sentido, sinalou que a Xunta seguirá traballando para que as persoas maiores usuarias dos centros da rede galega teñan ao seu alcance programas que melloren o seu benestar e lles permitan continuar desfrutando dos anos.
A marcha nórdica é unha iniciativa propia da residencia coruñesa que se desenvolve durante todo o ano e que está dirixida a usuarios que están en boas condicións físicas e son autónomos. Pola súa parte, os paseos en Tuk-Tuk organízanse en colaboración con Afundación no marco do seus programas de voluntariado sénior Pedalear e Conversar. Esta actividade está enfocada a persoas maiores con mobilidade reducida.