A Xunta apoia con 10 M€ á empresa galega Gabadi na construción dun acelerador de partículas nos Estados Unidos
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
- Lorenzana resalta que se trata dun dos proxectos científicos máis ambiciosos e prometedores a nivel global
- Subliña que esta iniciativa é estratéxica para Galicia e reforza a súa posición no mapa da ciencia e a tecnoloxía a nivel mundial
Hamburgo (Alemaña), 5 de setembro de 2024
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe que a Xunta vai apoiar con 10M€ á empresa galega Gabadi na construción dun acelerador de partículas nos Estados Unidos de América.
"O noso apoio a esta iniciativa recoñece a importancia estratéxica do proxecto para Galicia e para o avance da ciencia en global e ademais marca un antes e un despois na contribución da Comunidade a proxectos científicos de vangarda", apuntou a conselleira.
Este acelerador de partículas coñecido como DUNE (Deep Underground Neutrino Experiment) será o máis potente do mundo e desenvolverase na antiga mina de ouro en Dakota do Sur. "Trátase dun dos proxectos científicos máis ambiciosos e prometedores a nivel global e será clave para a investigación dos neutrinos e a explotación das orixes do universo", dixo.
Gabadi é unha empresa de Narón especializada na fabricación de tanques de membrana por todo o mundo e un exemplo da aposta pola innovación, a internacionalización e os investimentos. Este proxecto sitúa á compañía galega como un factor chave na revolución científica que permitirá desentrañar os segredos máis profundos no universo.
A conselleira tamén puxo en valor que a participación de Gabadi neste proxecto destaca a capacidade técnica e a innovación da empresa galega e reforza a posición de Galicia no mapa da ciencia e a tecnoloxía a nivel mundial.
Feira do sector naval
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana visitou hoxe os stands das empresas galegas que están a participar estes días na Feira do sector naval SMM Hamburgo 2024 co apoio da Xunta de Galicia.
Neste marco, Lorenzana destacou a aposta que está a facer o Goberno galego por acompañar e dar resposta ás necesidades das empresas do naval, para o cal vai ser fundamental o plan director que se está elaborando para o sector.
Esta é a 31ª edición desta feira, a máis importante a nivel internacional sobre construción naval, maquinaria e tecnoloxía marítima, que se celebra cada dous anos por estas datas e atrae unha multitude de empresas e entidades do sector procedentes de todo o mundo. Do medio cento de empresas galegas participantes grazas ao apoio do Instituto Económico de Galicia (Igape), 24 delas contan con expositor propio, ao igual que Asime e Aclunaga.