A Xunta salienta o compromiso co apoio ao emprego de calidade e o impulso á iniciativa emprendedora na comarca de Valdeorras

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Imagen del artículo A Xunta salienta o compromiso co apoio ao emprego de calidade e o impulso á iniciativa emprendedora na comarca de Valdeorras

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O encontro, no que tamén participou o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, enmárcase no proceso de diálogo e escoita activa da Administración autonómica cos diferentes axentes do tecido produtivo galego 
  • Abordáronse medidas que ten en marcha o Goberno galego para afrontar os retos do mercado laboral, como a flexibilización da formación para o emprego, a necesaria remuda xeracional ou a cobertura das vacantes existentes
  • A Asociación Empresarial de Valdeorras é desde 2009 centro asociado ao Servizo Público de Emprego de Galicia, prestando axuda de orientación laboral para o emprego e asistencia para o autoemprego
  • Ademais, a entidade tense asesorado en varias ocasións no Polo de Emprendemento e apoio ao Emprego do Barco de Valdeorras, unha das catro oficinas activas en Ourense desta iniciativa autonómica e que xa atendeu máis de 100 proxectos

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, mativo hoxe un encontro coa presidenta da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), Araceli Fernández, e a Xerente desta entidade, Teresa García, co obxectivo de seguir avanzando na colaboración entre a Xunta e o tecido socioeconómico ourensá para impulsar o emprego de calidade, o comercio de proximidade e o emprendemento na contorna. 

A xuntanza enmárcase no proceso de diálogo e escoita activa que está a desenvolver o Goberno galego cos diferentes axentes do tecido produtivo, co gallo de afrontar -apostando pola necesaria colaboración público privada- algúns dos grandes retos do mercado laboral, entre os que se sitúan a flexibilización da formación para o emprego, a necesaria remuda xeracional, a cobertura das vacantes existentes no mercado ou o absentismo laboral. 

Neste respecto, José González sinalou o compromiso de AEVA coa creación de emprego de calidade, indicando que a entidade é desde 2009 centro asociado ao Servizo Público de Emprego de Galicia, prestando axuda de orientación laboral para o emprego e asistencia para o autoemprego, articulado en itinerarios personalizados e dirixido a mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de traballo.

Cobertura de vacantes laborais e flexibilización da formación

No encontro abordáronse diferentes medidas que ten en marcha o Goberno galego para impulsar o emprego de calidade, poñendo o foco na necesidade de casar de xeito efectivo a oferta e a demanda laboral, atendendo ás necesidades de talento por parte das empresas. Entre elas, destacouse a ferramenta de intelixencia artificial EMi, implantada xa nas 54 oficinas de emprego de Galicia e que permite sincronizar en tempo real as competencias da persoa demandante con datos avanzados do mercado e detecta sectores emerxentes e empresas que están contratando en cada unha das ocupacións.

O conselleiro tamén compartiu a aposta da Xunta pola flexibilización da formación para o emprego, cun pulo decidido ás microformacións e microcredenciais. Neste eido, puxo en valor que a entidade -que conta con máis dun cento de empresas asociadas- conta co apoio da Xunta en diferentes programas formación e impulso á contratación. 

Apoio ao emprendemento e o comercio na contorna

No ámbito do emprendemento, o conselleiro lembrou que as persoas interesadas en emprender nesta contorna ourensá teñen á súa disposición o Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Barco de Valdeorras, unha das catro oficinas activas na provincia de Ourense que presta asesoramento individualizado e gratuíto a calquera persoa que queira emprender un negocio ou consolidar o que xa ten.  Desde a súa apertura, esta oficina -coa que colabora e na que se ten asesorado a Asocación de Empresas de Valdeorras- xa ten atendido máis dun cento proxectos a través e realizado máis de 200 titorías.

Así mesmo, destacou o Plan remuda no seo desta Rede de polos, que busca garantir a continuidade dos negocios e que ten activa unha orde de axudas con 1,5 millóns de euros de orzamento para que as persoas interesadas poidan sufragar parte dos gastos de transmisión das empresas que van pechar e das que queren facerse cargo. No ámbito do comercio, tamén lembrou que a Xunta avanza no proceso participativo aberto para elaborar o Plan estratéxico do comercio, unha planificación en materia de transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e tamén artesanal.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos.
447846 {"title":"A Xunta salienta o compromiso co apoio ao emprego de calidade e o impulso á iniciativa emprendedora na comarca de Valdeorras","published_date":"2024-09-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/113013-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"447846"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-09-05/447846-xunta-salienta-compromiso-co-apoio-ao-emprego-calidade-e-impulso-iniciativa-emprendedora-na-comarca-valdeorras https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.